InicioBARRIOSO Martinete únese contra o abandono... e o esqueleto de formigón

O Martinete únese contra o abandono… e o esqueleto de formigón

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volveu a luz, un día despois, no barrio de Martinete. Un corte de luz que non é novo para a veciñanza, pois, de feito as obras que veñen de realizar e que provocaron o corte, foron tras poñer moitas reclamacións ante Industria. Asi e todo “a cantidade de cableado aéreo que hai fai que parecezamos máis un barrio da India”, sinalan.

O esquecemento deste barrio situado nas entrañas de Someso, é case ancestral. Adoitaba ser un barrio bastante disperso, pero dende hai un ano, e a raiz do esquecemento crónico por parte do Concello, comezou a unión.

Martinete barrio

Nas rúas Luís Peña Novo e Mozart, son 13 portais e 4 casiñas as que levan unindo forzas dende hai un ano. De non ter apenas relación entre si, en boa parte porque non hai unha zona común de lecer, un parque, unhas beirarrúas para pasear… pasaron a ser unha auténtica comunidade. Agora, despois de moitas demandas, teñen 3 cutres banquiños onde sentarse para coordinar a súa loita por un barrio habitable e digno.

Comunícanse a través dun grupo de whastapp, que xa forman 70 persoas, compartindo inquedanzas do abandono, o que está conseguindo unha unión, un sentimento de veciñanza. “E se hai unión hai forza”, sinala Mandi Diéguez, unha nai do barrio que se mudou hai anos ao barrio coa sinxela intención de “poder vivir tranquilos co noso neno de 5 anos”.

“Empezamos unha nova vida ca esperanza de vivir tranquilas, esperando que venderan o edicifio que temos en fronte pero… pasan os anos, quedou abandonado e foi tomado polos toxicómanos, convertíndose nunha moi zona perigosa”. Mandi refírese ao esqueleto de formigón que teñen diante de casa, un dos puntos de inflexión do paso a formar a comunidade.
Todos sabemos cal é o foco do problema (esqueleto urbanístico) e dende o 010 xa están avisados ​​do tema”, explica outra veciña. ”Os toxicómanos tratan de ser discretos coa veciñanza, pero tiran as xiringas á Rua Luis Peña Novo e á Mozart polas ventanas do esqueleto, hai broncas, berros, suciedade, ata ratas…

Martinete-Esqueleto formigon abandonado ratas xeringas
Xeringas, ratas, papel de plata dos “chinos”, suciedade… no interior do esqueleto
Martinete Esqueleto edificio abandonado
O edificio foco de problemas
O abandono é tal que foron os veciños os que contrataron un camión para quitar este silo despois de moitos meses abandonado
O abandono é tal que foron os veciños os que contrataron un camión para quitar este silo despois de moitos meses abandonado

O concello comprometeuse a realizar a demolición subsidiaria en menos de 6 meses deste comezo de 2024, polo que a veciñanza está expectante a ver que acontece. Así e todo, son moitas as eivas que debe asumir o Concello para afrontar a dignificación deste esquecido barrio da perifeira herculina.

Máis novas

Denuncian cortes de luz no barrio de Martinete

ÚLTIMAS

A patronal do transporte por estrada da Coruña acusa os sindicatos de sabotaxes e esixe condenar a violencia para negociar

As asociacións empresariais do sector de transporte de viaxeiros por estrada na provincia da...

Unha guía para seguir o rumbo dos deportados coruñeses aos campos nazis

Tivo lugar esta mañá, na rúa Santiago 15, diante do stolpestein de Leopoldo López...

QFB, a banda herculina de rapmetal, lanza o seu comprometido segundo disco

Despois da publicación en 2022 do seu disco debut “Rexurdir”, QFB volve de novo...

O CEIP Concepción Arenal acolle este martes o peche reivindicativo do ensino público galego

En outubro o profesorado realizaba un peche en protesta polo mal estado de saúde...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here