InicioA CORUÑAAberta a plataforma flotante dO Parrote

Aberta a plataforma flotante dO Parrote

Publicada o

Por europapress

Finais de outubro, data ideal para inaugurar a nova plataforma náutica de O Parrote. Unha infraestrura na que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas investiu case 3 millóns de euros. As obras iniciábanse en marzo, cumplindo así o prazo de execución de 8 meses, pero non a promesa inicial de tela lista para este pasado verán.

Trátase dunha actuación que a Xunta executou en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña co obxectivo de habilitar unha zona de baño segura neste espazo da cidade. Unha zona que se usaba historicamente na vila, antes de que os cruceiros atracasen a escasos metros da área.

No acto, xunto a outras autoridades autonómicas e municipais, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, lembrou que se trata dunha estrutura que se licitou hai un ano. “Unha plataforma flotante que vale a pena coñecer”, dixo ao considerar que pode ser “un impulso para que outras autoridades portuarias pódena imitar e que será para deporte náutico e para o lecer”.

No mesmo, o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, destacou o traballo “innovador” executado con esta instalación, da que dixo que terá os mesmos criterios de uso “como a praia de Riazor”, con socorristas nas épocas que se establece.

Novas relacionadas

Licitada por 2,6 millóns a plataforma flotante de O Parrote

ÚLTIMAS

Investigan a agresión ao director dun instituto de Oleiros por parte do familiar dun alumno

A Garda Civil investiga a suposta agresión ao director do IES Neira Vilas, situado...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

A UDC promove este sábado un espazo no Mercado de San Agustín con propostas de divulgación científica e gastronómica

A Universidade da Coruña (UDC) estrea 'Abastos de Ciencia', un espazo onde a divulgación...

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...