InicioA CORUÑAA UDC promove este sábado un espazo no Mercado de San Agustín...

A UDC promove este sábado un espazo no Mercado de San Agustín con propostas de divulgación científica e gastronómica

Publicada o

Por europapress

A Universidade da Coruña (UDC) estrea ‘Abastos de Ciencia’, un espazo onde a divulgación científica e a gastronomía converxen para achegar a investigación a todas as idades.

Así o informa o reitorado que explica que o evento está enmarcado na iniciativa InPacto, que terá lugar este sábado no mercado de San Agustín.

No mesmo, ofreceranse catro conversacións con persoal investigador da UDC, talleres, espazos gastronómicos e un concerto.

O obxectivo é dar a concoer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos da institución académica.

A partir das 11:30 horas celebraranse catro mesas redondas, con persoal investigador Ramón y Cajal da UDC que desenvolven a súa actividade nos distintos centros de investigación da universidade como son CICA, o CITEEC, o CITENI e o CITIC. Nestes encontros abordarán cuestións de actualidade científica desde diferentes perspectivas.

A primeira, titulada “Un planeta en transformación: pasado, presente e futuro”,  contará coa participación de Armand Hernández Hernández, Pablo Pita Orduna, Blanca Moncunill Solé e Luis Alejandro Blanco Calvo. De 12:00 a 12:30 horas desenvolverase a segunda conversa, “Comprender o invisible: modelos, simulacións e novas tecnoloxías”, con José Luis Rodríguez Sánchez, Jose A. Iglesias Guitián e Antonio José Álvarez Naveira.

Logo dunha pausa para o café, a programación continuará ás 13:00 horas coa mesa “As fronteiras da medicina: detectar, tratar e rexenerar”, na que participarán Juan Antonio Fafian Labora, Aurora Rodríguez Rodríguez, María Elena Rodríguez García-Rendueles e Ana Rey Rico.

A última das conversas, “Cerebro e vida cotiá: como pensamos, nos comunicamos e regulamos o corpo”, terá lugar de 13:30 a 14:00 horas e reunirá a José Luís Pardo Vázquez, Silvia Martínez Ferreiro, Luís Varela Fernández e Diego Álvarez Estévez.

Obradoiros para experimentar coa ciencia

Ademais das mesas redondas, a oferta de actividades permitirá achegarse á investigación universitaria dun xeito práctico e participativo. Así, entre as 11:00 e as 14:00 horas, desenvolveranse diversos obradoiros simultáneos e abertos a todos os públicos.

ÚLTIMAS

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...