InicioPOLÍTICAO ministro Escrivá reivindica o papel da Aesia na Coruña

O ministro Escrivá reivindica o papel da Aesia na Coruña

Publicada o

Por europapress

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luís Escrivá, reivindicou o papel da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), que terá a súa sede na Coruña, como “centro difusor das oportunidades” que ofrece a mesma.

Así o expuxo, en declaracións aos xornalistas, nunha visita ao Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (UDC), previa a unha visita ás instalacións de Inditex, no municipio de Arteixo.

Sobre a posta en marcha da Aesia, dixo que ten que dotarse agora dun equipo administrativo, cun director, e recalcou que se está “traballando niso”. “Será unha entidade supervisora, pero necesítase un mapa regulatorio ben definido”, engadiu.

A iso, sumou que sexa un centro “que teña tamén capacidades analíticas” e sexa “un difusor ante a sociedade das oportunidades que exerce a Intelixencia Artificial e tamén dos riscos que hai detrás”. Neste sentido, destacou o labor que se realiza no centro da UDC que visitou e con cuxos responsables mantivo unha reunión.

“Algunhas iniciativas que hai aquí son extraordinarias e van ter un impacto moi positivo sobre os cidadáns”, expuxo o ministro que apelou á colaboración público-privada e, en particular, á cooperación entre empresas e universidade, destacando a lavbor a este respecto da universidade coruñesa.

ÚLTIMAS

Segue aquí os resultados das Eleccións Xerais do 29N nos Concellos da comarca da Coruña

Aquí podedes seguir os resultados das Eleccións Xerais do 29 de novembro de 2026,...

O Concello propón unha nova adxudicación das Escolas infantís ante as críticas da oposición e das xestoras actuais

Segue dando tumbos o polémico concurso da xestión das 8 Escolas Infantís Municipais. O...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...