InicioPOLÍTICAO Circo de Artesáns acolle este martes o primeiro debate electoral

O Circo de Artesáns acolle este martes o primeiro debate electoral

Publicada o

Por editor

Ademais do debate televisivo entre os candidatos, este martes 30 de febreiro teremos a ocasión de escoitar as propostas dos tres partidos con representación no Parlamento Galego de cara a estas eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

Aínda que oficialmente a campaña electoral comenza na medianoite do 1 ao 2 de febreiro, o Club de Opinion Foro Cívico, da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, xunto co Circo de Artesáns organizan o primeiro debate na cidade para este martes ás 19:30 h. no Circo de Artesáns.

Estará moderado polo xornalista Antón Luaces, e serán, Nazaret Cendán, polo PP; Mercedes Queixas, polo BNG; e Silvia Longueira, polo PSOE, as que presenten as propostas.

Responderán a preguntas sobre catro capítulos que concitan a preocupación da cidadanía:  nova ordenación urbanística e de usos para o porto interior; sanidade, educación e cultura, abordando a particular casuistica de cada un deses dous sectores claves; vivenda e aluguer, con especial incidencia na problemática derivada dos pisos turísticos e, finalmente, o apartado da economía, referida fundamentalmente aos sectores en crise como a pesca, así como a empresas que están a sofrir problemas de supervivencia.

O formato elexido axustarase a 3 minutos de introdución para que cada intervinte poida expoñer sinteteticamente o seu programa, para, inmediatamente despois, aprofundar en cada un dos temas obxeto do debate, con outros 3 minutos para desenvolvelos, ata consumir os 45 minutos. A continuación, será o turno do coloquio, finalizando o acto cun minuto para que cada participante poida facer un breve resumo.

ÚLTIMAS

Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante; as propostas de Volotea para A Coruña

O prazo aberto para presentar ofertas para cubrir os destinos nacionais no concurso convocado...

Nace CAbe (Coruña Arte Aberta), a nova fiestra aberta á arte contemporánea galega

Mentres esmorece o museo da Fundación Luís Seoane, un dos catro grandes museos de...

Activada a alerta laranxa por choivas no oeste da provincia da Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou para este mércores a alerta laranxa por...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here