InicioDEPORTESAs familias do Batallador S.D. maniféstanse tras perder os campos nos que...

As familias do Batallador S.D. maniféstanse tras perder os campos nos que adestraban

Publicada o

Por Ángela Precedo

Hoxe por hoxe hai 150 nenos do clube de fútbol Batallador S.D. da Coruña que non teñen onde adestrar. Despois de anos utilizando os campos pertencentes á Real Federación Galega de Fútbol grazas a que os grandes equipos da provincia adestraban menos tempo debido á pandemia, agora que as cousas voltaron á normalidade atópanse indefensos. Os campos teñen as horas que antes se destinaban ao Batallador S.D. adxudicadas aos clubes máis grandes, sen marxe de manobra para este pequeno equipo. Dende o propio equipo, o seu presidente, Fernando Méndez Galán, asegura que xa non saben que facer, pois dende o Concello da Coruña non lles deron solución polo momento.

“Somos un clube modesto, pequeniño, con 150 rapaces”, explica Fernando, que insiste en que “o Concello nos quitou os campos nos que adestrabamos”. Concretamente, explica que “os campos onde adestrabamos están reservados para a Real Federación Galega de Fútbol, por un convenio que teñen co Concello da Coruña, e levamos catro anos usándoos porque coa pandemia as seleccións galegas non ían adestrar moito, nin tampouco os árbitros, polo que sempre nos reservaban a hora de 18.00 a 20.00 da tarde para nós”. Sen embargo, “agora a cousa cambiou, porque como comezaron a funcionar tanto seleccións como árbitros, dende a Federación Galega dinnos que esas horas que nós estamos a usar lles fan falta”.

Batallador SD afeccion
Familias do Batallador esta tarde no campo

“Nós iso xa o sabiamos, e parécenos moi ben, deixamos estas horas, pero pedimos ao Concello da Coruña que nos dea unha solución, e non nola dan”, critica Fernando, que asegura que “ademais de non darnos unha solución, non me collen o teléfono, nin contestan ao WhatsApp”. E é que o reparto dos campos que pertencen ao Concello, non o fai o Concello, como apunta, senón que “o fai unha asociación de clubes modestos de aquí da Coruña, a Asociación de Fútbol Afecionado da Coruña (AFAC) na que están a maior parte dos clubes pequenos e a nós nin nos deixan entrar, a pesares de que somos membros fundadores da mesma, porque o noso clube estivo parado 5 ou 6 anos por culpa de motivos persoais do presidente, e foi logo retomado por xente máis nova do barrio”.

Ante o que Fernando tacha de “pasividade“, asegura que “non nos quedou máis remedio que dar un paso adiante e manifestarnos entre as seis e as oito da tarde deste luns para reivindicar o noso dereito a adestrar como o fan o resto de clubes da cidade”, e “adestramos esta tarde ocupando os campos que se nos arrebataron sen ningunha compaixón”. Ademais, “lemos un manifesto onde expuxemos os motivos de por que estamos a facer esto e por que se chegou a esta situación”. Pois recrimina tamén que o actual concelleiro competente no tema dentro do Concello da Coruña “era o presidente da asociación de fútbol base os anos pasados, e sabe de sobra o que está a acontecer, e non puxo solucións nin nos chamou por teléfono nin nos dixo nada”.

Fernando tamén conta que o Batallador S.D. é “un clube no que prima o labor social fronte ao fútbol, pois non facemos probas futbolísticas aos nenos, os que veñen os metemos e despois xa vamos clasificándoos nós como podemos”. Por iso, “temos dende nenos autistas ata nenos en risco de exclusión social, que non poden pagar 400 euros ao ano como se paga por xogar noutros clubes da Coruña, todos os seus custes os cubrimos a base de patrocinios e subvencións”. Subvencións que, como conta, por outra banda, “nolas quitaron, para engrosar as daqueles clubes que xa as tiñan moito máis elevadas”. “Levo freando aos pais dous meses, porque nos dicían que estaban a facer o campo novo de Eirís e prometendo trasladarnos alí, pero o tempo pasa e non hai solucións, así que rebosou o vaso”, conclúe Fernando.

Batallador SD directiva
Directivos do Batallador SD

ÚLTIMAS

O dianteiro do Dépor Zakaria Eddahchour segue en Observación tras caer ás rochas do paseo marítimo da Coruña

O xogador do R.C. Deportivo Zakaria Eddahchouri tivo que ser evacuado ao hospital tras...

Activada para este domingo a alerta por choivas na Coruña

Galicia estará este domingo en alerta por choivas en varios puntos das provincias da...

As Vítimas do Franquismo retoman a petición de eliminar as distincións a Manuel Fraga

Hoxe foi presentado en roda de prensa o manifesto da campaña "Non queremos a...

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Mentres a cidade celebra os 25 anos do título de Liga, a mocidade estudantil...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here