InicioPOLÍTICASánchez anuncia, no Muncyt, unha Oficina Nacional de Asesoramento Científico

Sánchez anuncia, no Muncyt, unha Oficina Nacional de Asesoramento Científico

Publicada o

Por editor

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a creación dunha Oficina Nacional de Asesoramento Científico para coordinar o coñecemento e mellorar a toma de decisións e o deseño das políticas públicas.

Así o expuxo no acto ‘Día da Muller e a Nena na Ciencia: espertando vocacións STEAM‘, que se conmemora o 11 de febreiro, e ante estudantes de institutos coruñeses. Foi no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) na Coruña con presenza tamén, entre outros, da ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes e portavoz do Goberno, Pilar Alegría, e a de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant.

Desde a política necesitamos o asesoramento da ciencia“, manifestou Sánchez, quen recalcou que esta “deu a resposta á covid-19 nun ano, salvounos dunha moi gorda”. E é que, para xustificar a importancia da Oficina Nacional de Asesoramento Científico, citou o sucedido na pandemia, pero tamén as necesidades polo cambio climático.

ÚLTIMAS

A CRMH leva ao Concello da Coruña ante a Fiscalía de Memoria Democrática

O Consello de Memoria Democrática (CMD) do Concello da Coruña do pasado mes de...

Carlos Callón, CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G recibiron os Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación

Continúa a Deputación facendo entrega da súa lista de premios ás mellores iniciativas da...

Xa funcionan os servizos da Plataforma Náutica do Parrote

Xa hai cafetería, xa se pode alugar táboas de paddle surf e kaiaks, no...

A veciñanza da Agra denuncian que o acordo urbanístico consolida “unha política especulativa indecente”

Levan décadas pelexando por un parque para o seu barrio. E por agora apenas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here