InicioCULLEREDOO Entroido da Veiga reafírmase como un dos máis xenuínos da comarca

O Entroido da Veiga reafírmase como un dos máis xenuínos da comarca

Publicada o

Por editor

O Entroido dA Veiga ten moitas razóns para ser considerado un dos máis xenuínos de toda a comarca da Coruña, e este luns 12 de febreiro volveu demostralo. Centos de veciños, ademais de amigos curiosos de todo a zona, gozaron das actividades a partir das 12:30 h. dunha Romaría de San Blas cargada de traxes orixinais dos seus choqueiros e o Testamento satírico, que facía alusión aos principais acontecementos locais e nacionais do ano pasado, facendo especial fincapé nas pasadas e presentes eleccións municipais e
autonómicas.

Os premios repartíronse do seguinte xeito: o primeiro premio gañouno a ‘Operación Tabán’, o grupo que máis chamou a atención debido á monumental exhibición da súa carroza, que servía de antiga oficina da taberna con mostrador frigorífico, salchichas colgadas do tellado e, por suposto, o encerado cos resultados do fútbol local.

Hípica Casas Novas’
‘Hípica Casas Novas’ levou o segundo premio

En segundo lugar, ‘Hípica Casas Novas’, un xinete do seu corcel ficticio vestido coa indumentaria da coñecida hípica coruñesa.
En terceiro lugar, “Discípulos de Miguel’, con traxes da Santa Igrexa. Pecharon a lista dos oito gañadores este desfile ‘Médico da peste’, ‘Os de aló’, ‘As barbies chegan a Veiga’; ‘Pa’ doce paracas’ e ‘Aliens’.

‘Discípulos do Miguel’ Terceiro Premio Entroido da Veiga Culleredo
‘Discípulos do Miguel’ levaron o Terceiro Premio

O acto, organizado pola Comisión de San Blas e o Concello de Culleredo, que financiou boa parte das festas, incluída a actuación da orquestra Os Satélites tanto pola mañá como pola tarde. O gran xantar popular, que acolleu a máis de douscentos comensais, comezaron pasadas as 15.00 horas cun menú composto polbo, cocido de tenreira, sobremesa e café.

O sábado pola mañá celebrouse no Paseo Marítimo do Burgo a festa infantil do Entroido. Durante o acto, os máis pequenos puideron gozar de xogos populares, actividades de animación, obradoiros, photocalls temáticos e todo tipo de manxares como, por exemplo, algodón de azucre e chocolate con churros.

Máis novas de Entroido

O Martes de Choqueiros do Entroido de Monte Alto segue medrando

ÚLTIMAS

Ferido un neno de 10 anos nun atropelo na Coruña que lle fracturou unha perna

Un neno de 10 anos foi ferido, cunha fractura nunha perna, nun atropelo ocorrido...

A xuízo o loteiro da Coruña acusado de quedar cunha Primitiva de 4,7 millóns

A próxima semana chegará aos tribunais o xuízo contra o loteiro da Coruña acusado...

Este luns trasládase a parada de bus metropolitano para a peonización de Entrexardíns

Este luns 13 de abril a parada de bus metropolitano de Entrexardíns trasládase á...

Oito formacións competirán na Coruña na batalla de bandas das Flores Rock o 16 de maio

A batalla de bandas do festival Flores Rock celebrará na Coruña unha nova edición...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here