InicioBARRIOSO carril bici conectará Someso co campus de Elviña

O carril bici conectará Someso co campus de Elviña

Publicada o

Por editor

A necesidade de conectar o carril bici coa Universidade é patente. De aí que o Concello vaia remodelar e ampliara o carril bici no barrio de Someso, conectándoo coa rede existente no campus de Elviña, actuando sobre o antigo treito de carril bici que bordea o centro comercial Espacio Coruña.

Os traballos centraranse en dar continuidade ao treito de carril bici da avenida da Universidade, construído e habilitado a mediados do ano pasado. Desta forma, ampliarase o percorrido actual bordeando o CIFP de Imaxe e Son, a rotonda da propia avenida e a glorieta da rúa José Pascual López Cortón, conectando este novo treito de carril bici cun xa existente, mais infrautilizado ata agora: o que discurre en paralelo ás ramplas de acceso e saída do párking do centro comercial Espacio Coruña.

O carril bici chegará á contorna do pavillón polideportivo da UDC

Os traballos para ampliar o percorrido do carril bici de Someso permitirán que as persoas usuarias do mesmo cheguen ao campus universitario de Elviña. Concretamente, á contorna do pavillón polideportivo da Universidade da Coruña (UDC), a escasos metros do estadio universitario e as pistas de atletismo. A conexión ciclista de Someso co campus de Elviña é posible grazas á senda ciclable que, partindo desde a rúa Lamelas, discurre baixo o viaduto da avenida García Sabell e, a continuación, pasa por baixo da rede ferroviaria na que se atopa o apeadoiro Elviña-Universidade. Este treito tamén será renovado e mellorado

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here