InicioECONOMÍAA tractorada toma Matogrande e Alfonso Molina para concentrarse na Delegación do...

A tractorada toma Matogrande e Alfonso Molina para concentrarse na Delegación do Goberno

Publicada o

Por editor

A protesta convocada polas organizacións agrarias galegas (Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e Unións Agrarias (UUAA)) percorre esta mañá a cidade da Coruña. Unha marea de tractores entraron, bastante rápido, dende a zona de Guísamo na cidade da Coruña, pola Ponte Pasaxe e Alfonso Molina.

Algúns foron desviados por Matogrande, para acodir á concentración ante a Delegación do Goberno.

REIVINDICACIÓNS

Con estas tractoradas o agro galego demanda ás administracións públicas a nivel galego, estatal e europeo a activación urxente de medidas que garantan prezos xustos polos produtos agrarios, a racionalización das cargas burocráticas ás explotacións, a paralización dos tratados de libre comercio, a potenciación dos circuítos curtos de comercialización e o cumprimento da Lei da Cadea, entre outras accións.

Reinvindicacions sector agrario 2024

Máis novas

ÚLTIMAS

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

Un novo portal para tramitar dixitalmente os permisos para acceder ás zonas de baixas emisións da Mariña, O Parrote, Pescaría e Cidade Vella

Era unha reclamación veciñal dende había tempo, e por fin, poderán realizar os trámites...

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here