InicioDEPORTESO tempo descafeinou O Gran Camiño

O tempo descafeinou O Gran Camiño

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mágoa o temporal desta mañá que agriou a celebración de O Gran Camiño na cidade da Coruña. Había gran expectación polo paso desta proba ciclista que se está facendo cun oco no circuito internacional e que permitía ver a nosa cidade en máis de 170 países.

E malia que ao final, a partir do mediodía quedou unha xornada máis que apacible, a forte temporal sufrida esta mañá provocou dúas cousas: que houbese menos afeccionados que se deixasen ver polo paseo marítimo; e que a proba perdese interese deportivo, unha vez que a organización decidía, para garantir a seguridade dos participantes, que estes usasen bicicletas convencionais e que os tempos non conten para a clasificación xeral.

Barta William de Movistar no Gran Camino na Coruna
Barta William do Movistar Team

Así e todo, si que houbo xente polas rotondas do paseo aplaudindo aos Carlos Rodríguez, ou sobre todo a Jonas Vingegaar, actual doble campión do Tour de Francia que non se quere perder a cita galega, pero que hoxe saíu de paseo, a 2’26’ de Tarling.

Ademais, a proba si que deixou un líder, o ciclista galés do INEOS Grenadiers Joshua Tarling (que fixo os 15km percorrido a 48km/h…), que sacou 42 segundos a Darren Rafferty, (EF Education), Pablo Castrillo (Kenr Farma) ou Willian Barta (Movistar).

O pelotón marcha xa cara Lugo, pois este venres toca a etapa Taboada-Chantada; o sábado toca Ourense para facer Xinzo de Limia-Ribadavia, e o domingo, peche da proba por Pontevedra cun Ponteareas-Tui.
Podedes seguir a proba por Eurosport ou a TVG2.

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here