InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODúas novas ofertas complican a compra pública dos murais de Lugrís da...

Dúas novas ofertas complican a compra pública dos murais de Lugrís da rúa Olmos

Publicada o

Por editor

Informa hoxe o Xulgado do Mercantil número 3 da Coruña que dá por concluído o prazo de recepción de ofertas para adquirir os murais do pintor Urbano Lugrís situados nos inmobles número 25 e 27 da rúa Olmos, na Coruña.

O Xulgado enviou ao administrador concursal (a empresa popietaria do edificio está en concurso de acredores, das ofertas presentadas á subasta. A Xunta puxou por importe de 35.000 euros, coa idea de restauralos e trasladalos ao Museo de Belas Artes; un particular, por 36.000 euros; e Prolar Arte S.L., por 40.100 euros. Estas ofertas súmanse á da empresa interesada en adquirir os dous edificios anexos -Redondela Investments S.L.-, que ascende a 30.000 euros.

O informe municipal

Complícase así a adquisición dos murais por parte das administracións, mentres Concello e Xunta botándose ás culpas por non ter declarado os murais como BIC, o que permitiría que á Xunta lle valese co tanteo (é dicir, con igualar a oferta máis alta) para facerse cos murais.
A Xunta asegura que non os declarou como Ben de Interese Cultural porque estaba esperando un informe municipal (que o Concello encargou á Universidade da Coruña e que aínda está pendente de entregar), mentres dende o Mural lembran que a Xunta podería telo declarado se tivese vontade.

A decisión final será do Xulgado, tendo en conta o aspecto económico pero non unicamente, e despois dun informe do administrador concursal.

Desde o goberno local, apoian a medida de levalos ao Museo de Belas Artes, “xa que Patrimonio conta cos recursos técnicos e materiais para poder levar a cabo esa operación”, apuntan.

Críticas do PP

Pola súa parte, o PP enviará unha pregunta ao Pleno deste xoves, considerando que tiña que ser o Concello o que puxase polos murais. “O goberno municipal ten que ser máis ambicioso co noso patrimonio, sobre todo todo con Lugrís, que é algo moi noso”, sinala o PP nun comunicado. “Deixou levar ao cadro “El Palomar”, do pai de Picasso Museo de Barcelona e deixar marchar ao MACUF sen facer nada; non expón o legado de Luís Seoane dende haanos e conta co Pazo de a Ópera en pésimas condicións a pesar de que a OSG é un símbolo da cidade”, aproveita o grupo popular.

MÁIS NOVAS

 

ÚLTIMAS

Paraugas e sinaturas para quecer a manifestación polos Murais de Lugrís

Contan as horas as entidades da cidade máis preocupadas polos murais de Urbano Lugrís...

Comezou o xuízo polo crime de Yoel Quispe: as acusacións ven intención de matar e as defensas piden absolución

O xuízo pola morte de Yoel Quispe, o mozo de 22 anos falecido tras...

Lucía Veiga e Luz Casal, primeiras protagonistas das Festas de María Pita

Conta atrás para o verán, e para as Festas de María Pita. O 1...

O PP denuncia que o goberno local deixou sen executar máis de 105 millóns de euros nos barrios da Coruña

Nova fronte de crítica política na Coruña contra a xestión económica do executivo socialista....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here