InicioCULTURASábado de letras e música, de Luisa Villalta e festa #Vigocorunhenta

Sábado de letras e música, de Luisa Villalta e festa #Vigocorunhenta

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Completa xornada a do sábado 2 de marzo para o bo de Xurxo Souto. O gran divulgador une letras e música, precisamente com fixo Luisa Villalta aló polos anos 90, reescribindo a historia da literatura ao fundila coa música. Ese é precisamente o principal obxectivo do seu novo libro “Somos un pobo de artistas. O método Luisa Villalta”, co que quere render homenaxe á protagonista do Día das Letras Galegas 2024.

Souto une forzas coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda, e presentará o libro nunha máis que divertida sesión vermú na disco do Circo de Artesáns. Haberá para tomar así que vaian con zapatos de goma.

Pola tarte, a cita será doble. A Orquestra Bravú Xangai presenta o seu primeiro disco, “Os Saxofóns de Occidente”. Un traballo que conta coa colaboración de Lidia Cao, autora desa Muller Sol da portada. Para dalo a coñecer arma unha sesión que arrinca ás 21:30 na praza de Sellier, ao acubillo do Bar Buserana, onde farán soar as súas primeiras notas.

De praza Sellier, a “Treboada coruñenta” irá formando un pasarrúas, case que unha #secondline, ata Riazor, ata Sala Garufa, que acolle a festa de presenta do disco, unha festa #Vigocorunhenta cos Vacalouras, chegados dende Teis.
Durante este evento presentarase tamén o primeiro videoclip do disco, ‘’O Gato’.

Xa podes mercar a túa entrada (para o concerto) en notikumi.com (co cd custa só 10euros!)

Así soaban xa este pasado sábado no Cartabón de Vigo:

A Banda Xangai

 

A Banda Xangai Orquestra Bravú

A Orquestra Bravú Xangai propón un espectáculo de gran formato, con nove músicos despregados no escenario, que proceden de formacións musicais históricas como Papaqueixos, Diplomáticos, Brassica Rapa A Magnifique Band dos Homes sen Medo. Guitarra, percusión, gaita, trompeta e saxos únense ás voces para propoñer unha música cósmica que fará bailar ao propio sol.
A Orquestra Bravú toma o seu nome do tren Xangai, que conduciu a miles de galegas e galegos cara a Barcelona, e con el queren simbolizar este encontro entre o Atlántico e o Mediterráneo. Neste disco contan coa colaboración de talentos procedentes de ambas xeografías, para propoñer trinta anos de ruta concentrada e a experiencia emocional da xeración que inventou o bravú e converteu a aldea no centro do mundo

ÚLTIMAS

O proxecto Vitamina G, do CEIP Sagrada Familia, entre os gañadores dos Premios Mil Primaveras

Vén de anunciar a Coordinadora de Técnicos de Normalización Lingüística (CTNL), os gañadores dos...

O Birloque xa ten renovado o seu Centro Cívico

Inaugurouse onte o novo Centro Cívico do Birloque, que vén de ser reformado integralmente....

A xuventude protagoniza a campaña en defensa das pensións

A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP) convocaba para onte mércores, 9 de...

Detido na Coruña por perfís falsos en apps de citas para estafar e extorsionar a mulleres

O Equipo Milladoiro en colaboración co Equipo A Coruña de asesoramento, prevención e resposta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here