InicioCULTURAArrinca o Norte Cinema Diverso, que amosa a realidade LGTBIQ+ dende o...

Arrinca o Norte Cinema Diverso, que amosa a realidade LGTBIQ+ dende o prisma do cine galego e portugués

Publicada o

Por editor

Amosar as realidades LGTBIQ+ a través do cine é o obxectivo principal do ciclo Norte Cinema Diverso. Un proxecto organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña, a Academia Galega do Audiovisual e as adegas Martín Codax.

Este xoves 29 de febreiro, venres 1 e sábado 2 de marzo o Teatro Colón acolle unha marea de proxeccións. Serán catro longametraxes e catorce curtametraxes (principalmente galegas e portuguesas) os que vexan a luz estes días, proxectos audiovisuais que non poderedes ver nos cines convencionais ou nas plataformas, aderezadas ademais polas conversas coas súas creadoras. 

Habitar, da directora pontevedresa Anxos Fazáns, será a peza que abra o xoves ás 21.00h, o festival. “É o resultado dunha investigación de varios anos en que se creou un diálogo aberto con persoas trans e non binarias de Galicia, asegura Fazáns. Preguntamos e resolvemos dúbidas en cuestións que teñen que ver co corpo, pero tamén cos espazos que habitamos: a casa, os cuartos, os edificios, os espazos urbanosNa curtametraxe hai catro persoas protagonistas coas que tento construír un discurso colectivo que represente as realidades amplas que fun coñecendo.

A primeira sesión rematará coa proxección do filme portugués Lobo e Cão,  premiado no festival de Venecia. Fernando Cayazzo, director do Norte Cinema Diverso, destaca a aposta do festival polo cinema portugués: O ano pasado clausuramos con Variaçoes, de João Maia, e este ano abrimos con esta cinta da directora Cláudia Varejão. A protagonista de Lobo e Cão cuestiona a sociedade tradicional e relixiosa que a rodea grazas ao contacto cun amigo queer.

As entradas, a través de Ataquilla, custan 3 euros (con desconto para as persoas posuidoras do carnet xoven, persoas sen emprego, maiores de 65 anos e membros de familia numerosa) (a entrada do sábado pola mañá é de balde) e pódense retirar tamén no despacho de billetes ás portas do teatro.

Programa

 

View this post on Instagram

 

A post shared by NCD (@norte_cinema_diverso)

ÚLTIMAS

Sanidade Exterior autoriza o desembarco na Coruña do cruceiro ‘Ambition’ tras o brote de gastroenterite

Os técnicos de Sanidade Exterior autorizaron o desembarco na Coruña do cruceiro Ambition, no...

O Mural desoe ás promesas das administracións e convoca unha nova manifestación para defender o coidado dos frescos de Lugrís

Lanzaba con retranca este luns Rodrigo Osorio no Xornal o anuncio dunhas hipotéticas boas...

O metal da Coruña amplía a folga aos días 26 e 27 de maio ante o bloqueo do convenio

O sector do metal na provincia da Coruña acordou ampliar a convocatoria de folga...

A Serea de Ulises espiuse na Agra

Hai poucas entidades na cidade que sintan a poesía como a Asoc. Agra. Cada...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here