InicioCULTURAMoncho Mariño rescata, na Livraría Suevia, a historia dos fanzines en Galicia

Moncho Mariño rescata, na Livraría Suevia, a historia dos fanzines en Galicia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

”La Hormiga Enana”, Camello (feito polos internos da antiga prisión provincial) ou “Uso Externo” (onde estaba o fotógrafo Xoán Piñón) son 3 míticos fanzines da cidade da Coruña. Eses espazos de expresión libres que viviu “momentos de explosión brutal en Galicia, pois era a única vía das persoas máis novas para sacar adiante o que pensaban”.

Será o noso redactor Moncho Mariño o que repase a historia destas publicacións hoxe xoves 29 de febreiro na Lvraría Suevia a partir das 20:00h, presentando o seu libro “Fanzines de Galicia. Unha breve e intensa historia da autoedición galega”..

”A idea de naceu da tese doutoral que me propuxeron os dous directores Luis Álvarez Pousa e Xosé Luis Barreiro, porque a tese fíxena en Ciencias Políticas”, explica. “Comecei coa tese alá no 2009, de primeiras era complicado porque non había moita bibliografía, a maioría estaba en inglés, así fun dando con nomes de autores (agora son fotógrafos, deseñadores, escritores) dosanos 80, mais logo fun encontrando os fanzines dos 90, máis hardcore, máis implicados políticamente”.

”Atopamos todo os fanzines das zonas non urbanas, porque nos 90 había moita xente nova con gañas de saír dun estado de inmobilismo político”, “mesmo sei que nalgúns institutos eran alentados por profesores para faceren fanzines e así sacar o seu lado máis crítico”.

Apunta que había “sobre todo, música, moita música, hardcore, punk, rock salvaxe e cavernario”, pero el centrouse no “aspecto máis político dos fanzines (que o tiñan, e moito): antimilitarismo, insubmisión, movementos ambientalistas, protestas contra a situación laboral, contra o proselitismo político, etc”. “Había xente que creaba textos algún eran verdadeiras bombas en negro sobre branco outros eran infumables”, recoñece.

Moncho Marino Fanzines de Galicia
Moncho Mariño na presentación do libro sobre Fanzines de Galicia na Numax

ÚLTIMAS

O TSXG valida o proceso do Concello da Coruña para inscribir ao seu nome a Casa Escariz

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación dos...

Inés Rey non dimitirá e o BNG e a dirección do PSdG apoian a medida

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, vinculou...

A cuarta xornada de folga paraliza o bus da provincia da Coruña na operación saída de Nadal

A cuarta xornada de folga no sector do transporte por estrada paralizou os autobuses...

O PP pide a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas tras as denuncias de acoso laboral

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, esixiu...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here