InicioPOLÍTICARueda confía en que os murais de Lugrís queden no patrimonio púbico

Rueda confía en que os murais de Lugrís queden no patrimonio púbico

Publicada o

Por europapress

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, trasladou a súa confianza en que os murais de Urbano Lugrís, actualmente en propiedade de mans privadas na Coruña, queden en patrimonio público. Así o manifestou tras o catro ofertas presentadas, unha delas a da Xunta, para a súa adquisición, despois de que os murais, integrados por 12 pinturas, estean á venda ao entrar a propietaria do baixo onde se atopan en concurso de acredores.

Rueda recoñeceu que lle gustaría que eses murais acabasen en mans públicos e que fosen “por tanto, propiedade de todos os galegos”. Neste sentido, remarcou a oferta económica presentada pola Xunta, só superada por unha galería de arte de Vigo, cuestión sobre a que o Xulgado do Mercantil, unha vez emitido un informe a administración concursal, deberá emitir unha decisión. “Non me gustaría que non puidese ser e que eses murais desaparecesen do goce público“, sentenciou sobre a posibilidade de que acabasen en mans privadas.

Por iso, confiou en que queden en patrimonio público despois de que a Xunta, que traballa, en colaboración co consistorio coruñés, na declaración como ben de interese cultural (BIC), fixese unha oferta coa intención de situalos no Museo de Belas Artes, situado na cidade herculina.

ÚLTIMAS

A Xustiza dá a razón ao Concello sobre o Cárcere Vello

Boas novas para a cidade da Coruña. A Audiencia Provincial vén de anular o...

A patronal do metal incide na necesidade de avanzar na negociación

A patronal do metal na Coruña apelou a avanzar na negociación tras unha nova...

Martinete ponse, por fin, de festas 

Tras a demolición do edificio abandonado que tanto tempo definiu o barrio, Martinete entra...

Só as persoas abonadas do Real Club Deportivo decidirán sobre a normalización do topónimo

Parecía que había consenso social (máis alá da saída de ton do desafiuzado Paco...