InicioCULTURAA Gran Festa VigoCoruñenta Pangalaica

A Gran Festa VigoCoruñenta Pangalaica

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Impresionante a Festa #VigoCoruñenta artellada este pasado sábado na cidade herculina pola familia da Orquestra Bravú Xangai, co gallo da presentación do seu primeiro disco, “Os Saxofóns de Occidente”. A xornada arrincaba cunha foliada pangalaica na Buserana, a disco-tasca da praza de Sellier. En clave de pasarrúas a comitiva desprazouse, saudando ao mar do Orzán, ata Sala Garufa, onde agardaban centos de persoas para festexar que “Coruña e Vigo son a mesma cidade”.

Así o repetiron os membros da banda liderada por Xurxo Souto emais Os Vacalouras de Teis, para seguir remexendo os marcos do rancio localismo. Pero é que “alén da provocación, hai unha profunda verdade: Habitamos os barrios das dúas cidades a mesmas persoas, fillas de familias obreiras que viñeron das aldeas buscar traballo na beira do mar”.

A sesió foi hisstórica e demostrou que hai moita vida en común entre as dúas cidades.

Así recolleron a xornada completa a xente de GZMúsica.

E aquí Xurxo Lobato

ÚLTIMAS

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

A patronal do comercio alimentario pide volver ao diálogo

A Asociación de Supermercados, Autoservizos, Almacenistas e Distribuidores de Alimentación da Coruña (ASAC) fixo...

Desarticulada unha rede que asaltaba creadores de contido dixital

Axentes da Policía Nacional e dos Mossos d'Esquadra desarticularon unha organización criminal asentada en...

A Garda Civil localiza e detén dous fuxitivos nunha terraza

Dous veciños de Carballo, de 24 e 32 anos, sobre os que pesaban ordes...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here