InicioMOV. SOCIAIS“Feminismo organizado para varrer o patriarcado”: Coruña mobilízase polo 8M

“Feminismo organizado para varrer o patriarcado”: Coruña mobilízase polo 8M

Publicada o

Por editor

A Marcha Mundial das Mulleres vén de convocar as manifestacións do movemento feminista unido en todo o país polo Día Mundial da Muller Traballadora. Co lema “Feminismo organizado para varrer o patriarcado” o feminismo galego sirá á rúa este venres 8M co obxectivo de visibilizar as loitas e reivindicacións do feminismo galego ao longo de todo o ano para a erradicación da desigualdade, a discriminación e a violencia que sufrimos.

Este ano o movemento homenaxean as heroicas folgas de moitos colectivos de limpeza, como aconteceu en Cambre e Culleredo, co ánimo e chamar a organizarse ás mulleres que aínda non o están.

A cita na Coruña será o venres ás 20:00h no Obelisco.

Manifestacion 8M Coruna Marcha Mundial Mulleres

Estudantado

Tamén o estudantado mobilizarase. O Sindicato de Estudantes e a Asociación Feminista Libres e Combativas, convocan á sociedade a participar ns manifestacións de estudantes que terán lugar o vindeiro venres 8 de Marzo no marco da Folga Estudantil Feminista convocada polo Sindicato de Estudantes en tódolos institutos e Universidades do Estado.

As citas terán lugar ás 12h no Obelisco.

Cartaz 8M24 Sindicato Estudantes

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here