InicioCULTURAPapagaio, o barrio da prostitución de Monte Alto que inmortalizou Luisa Villalta

Papagaio, o barrio da prostitución de Monte Alto que inmortalizou Luisa Villalta

Publicada o

Por editor

Xa o asado 24 de marzo, Maribel Longueira, no marco do Roteiro pola memoria da prensa en galego da cidade da Coruña organizada por AMEGA, nos avanzaba que ía haber sorpresas. E hoxe, a Real Academia Galega (RAG), aproveita a data do 6 de marzo, coincidindo cos 20 anos do falecemento da escritora Luisa Villalta, á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, afondando no Papagaio, o poemario que escribiu para as fotos de Maribel Longueira sobre o derrube do barrio da prostitución da súa Cidade Alta.

“Neste volume, publicado postumamente, Villalta mostra o seu perfil máis comprometido e feminista, nun momento de madurez creativa”, explican nun comunicado. A esta obra, publicada en 2006, pertencen os versos cos que a institución abre nas redes sociais e na súa web o espazo ‘Palabras de Luísa Villalta’, un “mosaico” que porá o foco, a través de distintas pezas que o irán completando ata o mes de maio, en fragmentos da súa obra con diversas palabras como guía.

Agardan, de feito, unha reedición do libro, pois a día de hoxe é imposible facerse cun exemplar.

Poema o Papagaio de Luisa Villalta, con poemas de Maribel Longueira
Poema o Papagaio de Luisa Villalta, con poemas de Maribel Longueira

A institución estrea ademais este mércores un novo episodio da serie ‘O Seminario de Onomástica responde‘, no que o filólogo da RAG, Iván Méndez, estudioso da toponimia coruñesa, expón as distintas hipóteses sobre a orixe e o significado do nome do Papagaio para designar a que foi a zona de prostitución da cidade.

A primeira voz elixida para a sección ‘Palabras de Luísa Villalta’ é “amizade”, que abre un poema no que Villalta retrata o apoio mutuo que se brindaban as prostitutas do barrio do Papagaio.

 

Máis novas

A AMEGA descubriu a Coruña como gran precursora dos medios en galego

ÚLTIMAS

Dous veleiros sofren novas arremetidas de orcas fronte á Coruña

Dous veleiros sufriron este domingo novas arremetidas de orcas fronte á costa da cidade...

A Garda Civil intervén máis de 20.000 artefactos pirotécnicos na Coruña

Efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Coruña interviñeron...

Comisan máis de 112 quilos de percebe furtivo na Coruña

Segundo informou a Consellería de Presidencia, os operativos foron realizados por axentes do Equipo...

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here