InicioMOV. SOCIAISLanzan unha campaña solidaria para crear a Fundación Daniela Vieito e apoiar...

Lanzan unha campaña solidaria para crear a Fundación Daniela Vieito e apoiar a vítimas de abuso e malos tratos

Publicada o

Por Redacción

Ponse en marcha dende A Coruña unha campaña de micromecenazgo para a creación da Fundación Daniela Vieito, unha organización que busca brindar apoio e sanación a persoas que sufriron abusos e malos tratos, tanto físico como psicolóxico. Inspirada na experiencia de profesionais que viron de preto a dor de nenos, adolescentes e adultos, a fundación nace co propósito de transformar as sombras do sufrimento en luz a través da arte e o amor.

A Fundación planea “converterse nun lugar de confianza onde as vítimas poidan acudir en busca de axuda, ofrecendo actividades como eventos de arte, talleres, charlas e campañas de concienciación en redes sociais e outros medios, promovendo o amor propio e a conexión coa natureza desde unha idade temperá”.

O proxecto contará cun equipo multidisciplinar disposto a poñer os seus coñecementos ao servizo de quen máis o necesitan. A fundación tamén buscará sensibilizar á comunidade mediante campañas de comunicación e actividades que fomenten a empatía e o respecto, creando un espazo onde a recuperación emocional sexa posible a través da beleza da arte e o apoio colectivo.

Para axudar podes colaborar a través da campaña en gofundme.

 

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here