InicioPOLÍTICAO BNG levará ao pleno, ante os incumprimentos do PSOE, o acordo...

O BNG levará ao pleno, ante os incumprimentos do PSOE, o acordo de investidura

Publicada o

Por editor

Este xoves 7 de marzo hai pleno, e un dos puntos fortes da sesión será a moción que vai presentar o BNG para lembrarlle ao PSOE que “está en minoría”.

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, preguntará polo Acordo de Investidura asinado pola formación nacionalista e polo PSOE, “ante a evidencia de que se está a producir o sistemático incumprimento de varios compromisos que nel figuraban e que estaban programados para se materializar no curto prazo”.

“Que avaliación fai o Goberno Local do grao de cumprimento das medidas a curto prazo contempladas no Acordo de Investidura?”, así reza literalmente a pregunta oral que Jorquera formulará ao Executivo coruñés na sesión plenaria.

O BNG considera “moi positivo” o acordo para a cidade, pero se se cumpren as propostas pactadas.

Entre “os compromisos incumpridos para o primeiro semestre do mandato, é posíbel relacionarmos os seguintes: a apertura dun proceso de investigación sobre a situación dos servizos de limpeza e recollida de lixo; a redacción dos plans municipais de accesibilidade e inclusión social; a creación do Consello Económico Social; a ordenación das terrazas; o inicio da revisión do mapa de liñas de buses e do estudo da ampliación de horarios e intensificación das frecuencias; a elaboración do Plan de Normalización Lingüística ou a presentación da demanda para a recuperación da Casa Cornide”, explican.

“É por isto que lle pedimos ao Goberno Local que se aplique e que se poña as pilas”, remarca Jorquera. A impresión que temos, sinala, é que “o PSOE goberna como se non fose consciente de estar en minoría e de que hai problemas que cómpre atallar”.

O portavoz do BNG pídelle ao Executivo de Inés Rey “que saia da parálise” e que, alén diso, “fale coa veciñanza”. “Hai malestar na cidade porque as veciñas e os veciños non se senten atendidos. En demasiadas ocasións o Goberno Local nin sequera responde as súas peticións”, critica.

ÚLTIMAS

Os sindicatos do metal da Coruña aceptan unha mediación exposta polos empresarios á Xunta

Novidades hoxe arredor do conflito sobre a negociación do convenio do sector do metal...

Avia Veira acusa a Inés Rey de “triunfalismo e autocomplacencia”

Saía onte alcaldesa Inés Rey a facer balance do seu mandato. Unha intervención na...

Inés Rey reivindica “o mandato do diálogo e a amabilidade” á fronte da cidade da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a xestión do goberno socialista nos seus...

Sindicatos reclaman na Coruña medidas para garantir o futuro da Seguridade Social

Representantes de UGT, CSIF, CCOO e CIG concentráronse este mércores ante a Dirección Provincial...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here