InicioBARRIOSPerruquerías, un espazo de escoita para persoas maiores

Perruquerías, un espazo de escoita para persoas maiores

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa o proxecto xornalístico Solidarios cos Maiores poñendo o foco nos nosos maiores. E para iso desta volta achegáronse ata Labañou para coñecer de preto a labor social que fas perruquerías.

A protagonista é Teresa Méndez, da perruquería Maiteva, que tras máis dun cuarto de século de experiencia sabe o que é crecer cos seus maiores.

Teresa relata como os seus clientes “contanche as súas penas, o que lles pasa todos os días”, con cuestións como que os seus fillos ven pouco delas. Nesta tarefa de escoita non faltan consellos derivados do sentido común, palabras de alento ou mesmo unha profunda empatía cando “te enfadas pola situación”. Detalla como “lles dás apoio moral. “Non ides resolver as súas vidas”. De todos os xeitos, “mentres os estás escoitando, chega a eles”, di esta perruqueira.

“Por experiencia, creo que habería que estar máis atentos ás persoas maiores”, conclúe Teresa.

Máis novas do proxecto

(Vídeo) Tatiana Díaz, supervisora no Chuac: “Os maiores precisan apoio e calor”

‘Solidarios cos Maiores’, unha inciativa coruñesa para axudar aos avós

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here