InicioECONOMÍAOs Bens dos edís do PP: Dos 180.000€ da conta de Roberto...

Os Bens dos edís do PP: Dos 180.000€ da conta de Roberto Coira aos 1.500 de Carlos Sanclaudio

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciaba onte o Concello da Coruña a inclusión das Declaracións de Bens dos membros da corporación no novo portal de transparencia municipal. Fixemos xa unha completa análise dos bens do grupo do PSOE, entre os que destaca o patrimonio de Lage Tuñas, e toca agora facelo dos grupos da oposición.

Lage Tuñas é o concelleiro da Coruña con máis propiedades ao seu nome e cartos no banco, sabes cantos ten Inés Rey?

O meirande “poseedor” é o nº1, Miguel Lorenzo (con permiso de Roberto Coira), e son moita as concelleiras e concelleiros que aínda teñen as súas hipotecas sen pagar, como todo o mundo. A variedade nas contas correntes é grande, e dos 180.000€ que declara Roberto Coira podemos pasar aos 1.500€ do máis novo do equipo, Carlos San Claudio Yáñez.

O voceiro, Miguel Lorenzo

O voceiero popular Miguel Lorenzo declaraba dúas vivendas na Coruña, e unha en Pontevedra, ademais de varias prazas de garaxe e fincas. Aínda ten un crédito hipotecario con 130.000 pendentes de pago.

Conduce un Volswagen T-Roc de 2019 e ten case 70.000€ na conta corrente, ademais doutros 30.000€ nunha conta de aforro.

Roberto Rodríguez Martínez

O nº2 do partido, Roberto Rod. declara ter só o 50% dunha vivenda na Coruña, conduce un Tiguan de 2011 e afirma ter 12.000 en 4 contas correntes, e outras 50.000 nunha de aforro. Ten tamén por devolver 188.000 dun crédito hipotecario de 300.000, e como o voceiro, declara dúas accións do RC Deportivo.

O resto

A nº3 Rosaía López Sánchez, po exemplo, declara un piso na cidade de 2016 por valor de 94.000 e outro en Curtis que vale a metade. Non declara coche e afirma ter un saldo de 41.000€ na conta corrente. Ten tamén un crédito hipotecario de 300.000€ con moito aínda por devolver, e conta cun potente plan de pensións. Ten claro por onde vai o futuro das pensións.

Pola súa parte, Judith Fontenla Baró, declara poseer o 50% dun piso na Coruña por valor de 92.000€. Condceun Kía Stonic de 2020 e un Opel Insignia de 2011, e non chega aos 4.000€ na conta corrente. Porén ten 93.000€ nunha conta de aforro da que é copropietaria. Fontenla ten tamén prrto de 150.000€ dunha hipoteca de 220.000 por pagar.

Máis humilde parece o patrimonio de Susana Catalán Morcillo. Declara estar herdando un cuarto de piso en herencia e condude un Polo de 2003. Ten 7.600€ euros na conta corrente (non ten de aforro) e un par de créditos hipotecarios pequenos.

Pola súa parte Gonzalo Mora del Campo declara medio piso, por valor de 44.000€, conduce un Volvo XC60 de 2019 e ten 9.000€ na conta corrente. Devolve unha hipoteca de 216.000€ e ten 4 accións do Dépor e 20 do Basquet Coruña.

Chama a atención a declaración de Carlos San Claudio Yáñez, un dos máis novos. Con apenas 24 anos non ten bens mobiliarios nin inmobiliarios e vive con 1.500€ na conta.

Carmen No Varela ten un apartamento de 2011 e un saldo medio de 27.000€ na conta, ademais de 90.000 nunha de aforro. Devolve tamén un préstamo hipotecario de 157.000€ e ten o 16% dunha sociedade empresarial.

Os últimos do grupo son os máis veteranos. Roberto García Fernández, por exemplo, asegura non ter patrimonio inmobiliario ningún. Ten, iso si, un Porche Cayenne, un Kía Cee, unha moto Yamaha e un barco, a pesar de ter 4.800€ na conta corrente e carecer de conta de aforro. Devolve tamén unha hipoteca de 230.000€.

José Ramón Amado de la Fuente declara 3 fincas por valor de máis de 600.000€… Ten 14.000€ na conta corrente, un plan de pensións e un reloxo de 6.000€.

Antonio Deus Álvarez si que ten patrimonio, dous duplex, adquiridos entre o 1999 e 2004. Estreou o ano pasado un Ford Kuga e unha moto Honda de 125 pero aínda garda o Fit Punto de 2008. Ten dúas contas correntes con algo máis de 14.000€, e ten varios créditos persoais aínda activos, e é copropietario da empresa de arquitectura Abadeus.

E por último, unha das xoias do partido. Roberto Luís Coira Andrade declara varias propiedades herdadas en 1991 ademais dunha casa adquirida en 2023 e un piso adquirido en 2022 por apenas 30.000€(?). Pero ollo, conduce un MG clásico para presumir e un Smart para a cidade; ten 180.000€ na conta corrente; non ten conta de aforro pero declara 280.000 en accións de valores do IBEX35… E o seu patrimonio conta tamén cun Rólex, un solitario con nrillante e varios cuadros, antigüidades de alto valor sen especificar.

Máis novas

Lage Tuñas é o concelleiro da Coruña con máis propiedades ao seu nome e cartos no banco, sabes cantos ten Inés Rey?

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here