InicioMOV. SOCIAIS"Onde están, non se ven, as sancións a Israel"

“Onde están, non se ven, as sancións a Israel”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nova protesta cidadá a realizada este luns 11 de marzo en máis de 20 vilas da cidade para criticar a parálise internacional ante o xenocidio sionista co pobo palestino. Un centenar de persoas concentráronse no Obelisco, acodindo á nova convocatoria dos colectivos Mar de Lumes, Galiza por Palestina, e BDS Boicot a Israel.

Non pararon de berrar durante case unha hora, arengas claras contra os sionistas pero tamén contra a temerosa comunidade internacional. Así, dous dos cánticos que máis resoou foron o de “Onde están, non se ven, as sancións a Israel”, e “Israel asasina, occidente patrocina”.

Tamén resoaron os habituais “Non ao xenocidio do pobo palestino” ou “Non é unha guerra é un xenocidio”, lembraron que Israel é un “Estado sionista, Estado terrorista”. Pero tamén amosaron algo de esperanza, amosando o apoio da sociedade galega (“Galiza palestina solidariedade”) animando ao pobo oprimido a aguantar (“Dende o río ata o mar, Palestina vencera”).

Concentracion por Palestina na Coruna marzo 2024

Gala

A vila coruñesa colaborará este mércores 13 de marzo coa Gala Cultura contra Barbarie que organiza Pallasos en Rebeldía e que servirá para recadar fondos para axudar á escola de circo que a entidade coida en Gaza.

Máis novas

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle o 13 de marzo unha gala solidaria con Palestina

A Coruña volveu esixir o recoñecemento do estado palestino

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

Binter suma unha conexión semanal entre A Coruña e Canarias

A compañía aérea Binter puxo en marcha o reforzo da súa programación entre A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here