InicioSOCIEDADEA CRMH da Coruña escolle a Jesús Castro Vidal como Republicano de...

A CRMH da Coruña escolle a Jesús Castro Vidal como Republicano de Honra 2024

Publicada o

Por editor

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña reuniuse esta semana en Asemblea Xeral de soci@s para deliberar e votar a elección da persoa á que se lle outorgará o título de Republicano de Honra.

Esta escolla forma parte dos actos e actividade que a CRMH da Coruña desenvolve cada ano (agás por mor da pandemia no 2021) ao redor do Día da República que vén organizando desde o ano 2008 colleitando unha serie de personalidades como Nicanor Acosta, Emilia Cao, Elvira Varela Vao, Lolecha García, Mariví Villaverde, Aurora Marco ou Isaac Díaz Pardo, entre outros.

O nomeamento para este ano 2024 recaeu no sadense Jesús Castro Vidal, defensor e loitador incansábel da memoria republicana da que el conserva lembranzas da etapa republicana desde as súas vivencias como veciño de Sada.

Jesús Castro naceu en Riovao (Sada) o 14 de xullo de 1927, polo que este ano cumprirá 97 anos. Foi o máis pequeno de 5 irmáns, un deles, Ricardo, morto en combate na Guerra Civil como membro dunha escuadra de combate na fronte de Teruel.

En Sada é ben coñecido polo seu activismo social, cultural e político, formando parte de entidades como a Plataforma pola Democracia en Sada (que ao igual que a CRMH da Coruña cumpre este ano 2024 o seu 20 aniversario), da AC Irmáns Suárez Picallo entre outras. Participou tamén en diferentes candidaturas nas eleccións municipais en Sada e foi impulsor do monumento-memorial que existe no paseo marítimo de Sada de recoñecemento e memoria ás vítimas da represión franquista en Sada.

Castro

Nova cita

O vindeiro martes 19 de marzo a CRMH ten convocado un grupo de traballo de soci@s para a elaboración do programa de actividades e actos con motivo da celebración do Día da República, e que celebrarán na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña a partir das 18:00 horas.

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here