InicioA CORUÑA“A existencia destes 38 restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña...

“A existencia destes 38 restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa loita de Manuel Monge a título particular para que as administracións cumplan coa Lei de Memoria Histórica de 2007 e da Lei de Memoria Democrática de 2022. Desta volta, o escritor e activista, como vitima do franquismo e investigador, vén de presentar esta mañá de luns 18 de marzo un escrito polo rexistro da Subdelegación do Goberno da Coruña unha información dirixida ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática sobre “38 elementos contrarios á memoria democrática, que aínda ten a Deputación da Coruña, para a súa inclusión no Catálogo do Estado”.

Monge xa presentara información en 2023 para o catálogo do concello da Coruña e das comarcas de Eume, Ferrolterra e Ortegal, pois considera que ”a existencia destes restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación da Coruña, un desprestixio das institucións democráticas e unha ofensa e humillación para as vítimas do franquismo”.

O documento, de 32 follas, recolle unha análise comparativa do que se fai noutras institucións para retirar os restos do franquismo no caso de presidentes de deputación, militares golpistas, gobernadores civís e militares, ministros dos gobernos da ditadura, falanxistas, supresión de títulos nobiliarios, nomes dos centros de ensino. Aquí recolle nome a nome a dura biografía de xentes franquistas como José Antonio Girón de Velasco, Rafael Puga Ramón, Emilio Romay Montoto, Juan José Barcia Goyanes ou Luis Tovar Figueras, entre outros, recollidos tamén no seu libro “Os restos do franquismo en Galiza” (Edicións Laiovento, 2020). Moitos seguen sendo “Fillos adoptivos” da provincia, contan cun cadro nalgún salón oficial, ou mesmo dan nome a algún centro de ensino…

”Un dos casos máis significativos e vergoñentos”, explica “é que os catro militares, principais responsábeis da organización na Coruña do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 –Enrique Cánovas Lacruz, Florentino González Vallés, Luis Tovar Alonso e Pablo Martín Alonso–, son Fillos Predilectos e Adoptivos da provincia da Coruña e manteñen esta distinción concedida o 5 de xaneiro de 1937, é dicir, 87 anos despois! Estes catro militares exemplifican a criminal represión, cometeron crimes contra a humanidade, e a pervivencia das distincións é un claro incumprimento da Lei de Memoria Democrática”.

”É inexplicable e contraditoria a actuación do Presidente da Deputación da Coruña xa que o concello de As Pontes (Valentín González Formoso era o alcalde) aprobaba por unanimidade en xaneiro de 2009 retirar a José Antonio Girón de Velasco (significado falanxista e ministro na ditadura) a Medalla de Prata, pero hoxe continúa como Fillo Adoptivo da provincia da Coruña”, lamenta. “Ese mesmo Pleno de As Pontes retiraba a Medalla de Prata a Constantino Lobo, militar golpista e Gobernador Militar de Ferrol na ditadura, pero hoxe continúa coa distinción de Fillo Predilecto da provincia da Coruña. Incongruencia tamén de González Formoso coa actuación do seu partido, o PSdeG, xa que Ferrol, con alcaldía Socialista, cambiaba en 1981 a rúa Constantino Lobo por Catalunya e cambiaba tamén a rúa José Antonio Girón de Velasco en 1981 por Carbalho Calero; e o concello da Coruña, con alcaldía socialista, retiraba a Girón de Velasco a distinción de Fillo Adoptivo en 2010”.

SIMBOLOXÍA FRANQUISTA NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (38)

A. RETRATOS DE PRESIDENTES NO SALÓN DE PLENOS (7)

  • 1497 Juan José Barcia Goyanes. (29-10-1938 a 28-10-1939). Autor do retrato: “A. Carpo 2007”. (Alberto Álvarez Martín)
  • 49 Emilio Romay Montoto. (1929-1930 e 1939-1950). Autor: Luis Mosquera 1951.
  • 715 Diego Delicado Marañón. (1950-1961). Rogelio Puente 1990.
  • 714 Rafel Puga Ramón. (1961-1970). Rogelio Puente 1990.
  • 544 Ángel Porto Anido. (1970-1974). “Toledano 1977” (Ángel Toledano).
  • 144 Lino Rodríguez Madero. (1974-1977). “Argüelles 1983” (Julio Argüelles¨).
  • 709 Manuel Fraga Solar (1977-1979). Rogelio Puente 1990.

B. DISTINCIÓNS HONORÍFICAS (28)

Fillos adoptivos (17)

  • Enrique Cánovas Lacruz (5-1-1937). Golpista, xefe da guarnición que se subleva na Coruña.
  • Florentino González Vallés (5-1-11937). Golpista, tenente coronel da Garda Civil e Gobernador.
  • Luís Tovar Alonso (5-1-1937). Golpista. Tenente Coronel e Xefe de Estado Maior Provisional.
  • Pablo Martín Alonso (5-1-1937). Golpista, coronel do Rexemento Zamora, ministro do Exército.
  • José Antonio Girón de Velasco (25-9-1950). Falanxista, ministro de Traballo na ditadura.
  • Rafael Hierro Martínez (24-3-1951). Gobernador Civil e Director Xeral de Seguridade
  • Diego Salas Pombo. (29-8-1951). Falanxista, Gobernador, procurador nas Cortes franquistas.
  • Fernando Suárez de Tangil (25-5-1952). Vicepresidente das Cortes, ministro na ditadura.
  • Antonio Pedrosa Latas (27-6-1953). Falanxista, participou na represión.
  • Francisco Delgado Serrano (28-7-1953). Golpista, Capitán Xeral de Galiza na ditadura.
  • José Manuel Pardo Santayana (27-11-1953). Falanxista, Gobernador Civil da Coruña.
  • Cirilo Cánovas García (26-10-1959). Falanxista, ministro de Agricultura na ditadura.
  • Fermín Gutiérrez de Soto (27-2-1960). Golpista, Capitán Xeral de Galiza na ditadura.
  • Cristóbal Graciá Martínez (29-8-1960). Falanxista, Gobernador Civil da Coruña.
  • Manuel Fraga Iribarne (27-11-1965). Ministro de Información e Turismo na Ditadura.
  • Laureano López Rodó (27-11-1965). Ministro de Planificación e Desenvolvemento na ditadura.
  • Gonzalo Fernández de la Mora y Mon (19-5-1973). Ministro de Obras Públicas na ditadura.

Fillos predilectos (7)

  • Emilio Romay Montoto (10-2-1950). Presidente da Deputación na ditadura.
  • Constantino Lobo Montero (27-3-1951). Militar, participou na sublevación de 1936.
  • Salvador Moreno Fernández (29-8-1951). Golpista, Almirante da Armada. Ministro.
  • José María Rivero de Aguilar Otero (28-12-1951). Militar golpista.
  • José Fariña Ferreño (27-6-1953). Fascista, enlace dos golpistas cos sublevados de Andalucía.
  • Francisco Núñez Rodríguez (28-11-1968). Militar golpista.
  • Enrique Salgado Torres (30-7-1970). Falanxista, participou na represión.

Medalla de Ouro (3)

  • Evaristo Martín Freire (26-3-1966). Falanxista, golpista, Gobernador Civil da Coruña.
  • Pedro Barrié de la Maza (17-5-1971). Financiou o exército sublevado en 1936, participou na depuración do persoal do Banco Pastor, promotor do espolio do pazo de Meirás e Casa Cornide para beneficiar á familia do ditador Franco.
  • Enrique Salgado Torres (1963).

Medalla de Prata (1)

  • Javier Pardo Bedia (12-7-1969). Vicepresidente da Deputación.

C. CENTROS DE ENSINO (2)

  • IES Rafael Puga Ramón
  • Fogar Infantil Emilio Romay

D. PLACAS (1):

  • “Polideportivo Calvo Sotelo” no vello IES Calvo Sotelo.

Máis novas de Memoria Histórica

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

Piden a retirada dos 180 símbolos franquistas que aínda quedan na Coruña

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

O Colón prepárase para a Gran Noite Coruñenta coa presentación do docu Bravú XXX

Despois da máxica previa que nos renderon os Diplomáticos en Monte Alto, este venres...

LesCoruña cuantifica a soidade que sofren as mulleres lesbianas galegas

Presentaba este pasado sábado a Asoc. LesCoruña, o primeiro informe, realizado en colaboración coa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here