InicioA CORUÑAOs sindicatos convocan sete días de folga na consultora DXC Technology, cunha...

Os sindicatos convocan sete días de folga na consultora DXC Technology, cunha protesta este venres na Coruña

Publicada o

Por europapress

A maioría sindical no grupo DXC Technology formada polas seccións sindicais de CXT, CNT, CCOO, CSI, USO, Intersindical-CSC e OSTA decidiu convocar sete días de folga nun chamamento que afecta a 7.500 traballadores do grupo. Na Coruña, levará a cabo unha concentración diante do Obelisco este venres, 22 de marzo, ás 10,30 horas.

A causa é “a nula resposta da empresa á perda do 17% de poder adquisitivo nos soldos” que os traballadores soportan desde 2020, ao que se suma que “se permiten o luxo de presentar condicións que xa ten o persoal coa cínica posición de ‘manter é mellorar”, segundo denunciaron CXT.

En concreto, os días convocados son 21 e 22 de marzo, coincidindo coa folga no sector de banca e o inicio de período de Semana Santa, o que pode dificultar a resolución de incidencias motivadas pola folga; 29 e 30 de abril, coincidindo con procesos de fin de mes e 3, 4 e 5 de xuño, xuntándose inicio de mes e maior número de consultas de ‘Help Desk’.

A sección sindical da CXT xa convocou “unha exitosa folga o pasado mes de xuño”, xunto a outras empresas do sector informático como Getronics-Global Rosetta ou Alten, destaca o sindicato.

ÚLTIMAS

Izan Voluntario convoca este sábado, dende o Orzán, limpezas de praias en toda España

Izan Voluntario leva dous anos limpando areais de toda Galicia. A través das redes (el...

Aprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

Vai collendo forma o ”delirio urbanístico” de Visma. Ese espazo que ben puido ser...

Feijóo reúne esta fin de semana na Coruña aos parlamentarios do PP para marcar a estratexia de 2026

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, reunirá esta fin de semana en Galicia...

Félix Arias lanza un novo disco “feito na casa”: “Entre as urxencias, fixen o importante”

Este venres 9 de xaneiro volve subir ao escenario da Mardi Gras un mítico...