InicioARTEIXOO Voluntariado de Mar de Fábula deixou un pouco máis limpo o...

O Voluntariado de Mar de Fábula deixou un pouco máis limpo o areal de Barrañán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Unas 18 persoas voluntarias, entre elas o equipo da Escola Infantil O Berce E.I de Arteixo, desenvolveron este domingo unha limpeza na praia de Barrañán. Unha cita para apañar lixo mariño que os mares de inverno deixaron neste areal, e para avaliar o estado de saúde deste salvaxe e fermoso areal.

Foron varios os sacos recollidos desta praia que, a primeira vista, parecía limpa e relucente. Pero a realidade é moi diferente. En dúas horas recolleron 178 bastonciños de algodón, 5 anacos de madeira, 6 Frascos de meiciñas, 5 tubos de creas, 96 cordas, 61 anacos de rede e aparellos de pesca, 24 tapóns, 11 paus de plástico de bateas, 56 ancos de plástico, 2 botellas de vidro, 34 cabichas, ademais de centos de anaquiños de porexpan e plásticos miudos depositados directamente nun saco e non contabilizados por mor do vento do nordés que podería espallalos pola contorna. Ata un envase de Pipas Facundo dos anos 70/80…

lixo plastico no areal de Barranan

Estas cifras dan un total de 448 residuos, recollidos nuns 1.100 metrs de areal. Deste xeito podemos calcular o estado de saúde do areal. Os expertos da Unión Europea na Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño de cara a conseguir un “Bo Estado de SAúde” (BEA) para as praias europeas, teñen fixado un valor de umbral de 20 residuos ( >2,5cm) por cada 100 metros lineais de praia para acadar o calificativo de BEA.
Neste caso, despois da limpeza, teríamos unha proporción de 44,36 residuos / 100 metros de praia, polo que o resultado é o dobre do do límite fixado pola Unión Europe para ter un Bo Estado de Saúde…

ÚLTIMAS

Mobilización da comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro para denunciar o “abandono” do centro

Representantes da comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro da Coruña concentráronse este xoves...

Os sanitarios continúan con folga e concentracións a súa batalla por un estatuto propio para a profesión

Continúa desenvolvéndose a folga dos sanitarios en todo o estado, con ampla incidencia en...

Taxistas protestan novamente na Coruña contra os VTC: “Non hai expedientes contra eles”

O sector do taxi mobilizouse de novo este xoves na Coruña para esixir ao...

A alcaldesa di que é a Xunta a que ten que decretar cando se pode surferar tras a multa o campión español de Surf

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou que é o Executivo autonómico o encargado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here