InicioPOLÍTICAInés Rey sae en defensa de Lage Tuñas e tacha de "acusacións...

Inés Rey sae en defensa de Lage Tuñas e tacha de “acusacións falsas” as denuncias de PP e BNG sobre o trato de favor nunha licenza dunhas obras

Publicada o

Por europapress

Graves foron as acusacións que verteron a semana pasada tanto o BNG como o PP contra os favores que recibiu o primeiro tenente de alcaldesa, concelleira de Economía e Planificación Urbana e portavoz do goberno local, José Manuel Lage Tuñas, na concesión dunha licenza de obras nun piso da Avda. do Exército.

Pero lonxe de facer autocrítica e analizar o asunto polo miúdo, a rexedora saíu en defensa do seu voceiro, calificando as denuncias dos dous grupos da oposición nun “ataque persoal” co obxectivo de “enfangar”.

Aos grupos da oposición, instoulles tamén a decidir “en que lado da vida política estar, se nunha oposición legal e construtiva ou a de enfagar, lanzar acusacións falsas se consideran que así terán rédito político”. “Cada un decide a oposición que quere facer”, limitouse a dicir en defensa de Lage Tuñas.

O BNG denuncia trato de favor na tramitación da licenza dun piso de Lage Tuñas

FISCALÍA

Aalcaldesa instoulles a aclarar “se están a afirmar” que os funcionarios municipais cometeron “algunha irregularidade na tramitación dos expedientes e non actuaron conforme á legalidade”. “De ser así por que non o pon en coñecemento da Fiscalía, salvo que non a haxa e estéase utilizando este asunto como un ataque persoal, sen filtro, sen escrúpulo á hora de enfangar a vida política”.

COMISIÓN DE TRANSPARENCIA

En relación a este asunto, o BNG xa avanzou que pediría explicacións en pleno mentres que o PP confirmou este martes que convocou a comisión de Transparencia, tal e como anunciou a semana pasada.

O PP tamén pide explicacións pola tramitación dunha licenza de Lage Tuñas

ÚLTIMAS

O PP denuncia os pagos de indemnizacións do por contratos verbais declarados nulos

O portavoz do Grupo Popular, Miguel Lorenzo, vai presentar unha moción no pleno deste...

A UDC apraza solicitar o grao de Medicina para acordar unha descentralización sanitaria e académica

A Universidade da Coruña (UDC) comprometeuse a atrasar o envío da memoria dun título...

Comezan, por fin, as obras de remodelación do mercado de Santa Lucía

Despois de case 3 anos dende o anuncio da remodelación e máis dunha década...

Sindicatos critican a “nula” intención negociadora da patronal do transporte de bus na Coruña

UXT, CIG e CC.OO. critican a "nula" resposta mostrada pola patronal durante a negociación...