InicioPOLÍTICAO BNG denuncia trato de favor na tramitación da licenza dun piso...

O BNG denuncia trato de favor na tramitación da licenza dun piso de Lage Tuñas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Levaba o BNG semanas protestando pola falta de transparencia do grupo de goberno ao impedirlle o acceso a un expediente urbanístico. Este luns, por fin a Concelleira Avia Veira podía revisar o expediente dun piso sito na Avenida do Exército, 96, que resultou ser propiedade do concelleiro da Área de Economía e Planificación Urbana; José Manuel Lage Tuñas, o membro da corporación con maior patrimonio declarado.

Analizado o expediente o BNG denuncia “un trato privilexiado na tramitación da licenza” que o edil solicitou para cambiar a ficha do inmoble de oficina a piso. “A inscrición como vivenda no rexistro da propiedade dun inmóbel que era oficina e cuxa licenza para ese cambio a tal altura non estaba solicitada, a pretensión de colar nunha comunicación previa un cambio de uso, a constatación de que se realizaron as obras sen ter a correspondente licenza, o incumprimento das ordes de paralización das obras, o incumprimento dos prazos estabelecidos nas notificacións, como exceder nun mes o prazo para entregar o proxecto básico vinculado á licenza, a insólita axilidade coa que se lle concedeu a licenza, o feito de que a licenza lla concedese a Dirección de Área de Urbanismo” son algunhas das “graves irregularidades” que detectou o Bloque.

A organización nacionalista considera que todas estas irregularidades revelan “un trato diferencial e unha actitude pouco exemplar do responsábel último e titular da propiedade do edil responsable da área urbanística”. É por iso que o Grupo Municipal do BNG “lle pedirá explicacións no vindeiro pleno ordinario.

Máis novas

Lage Tuñas é o concelleiro da Coruña con máis propiedades ao seu nome e cartos no banco, sabes cantos ten Inés Rey?

ÚLTIMAS

Un plan para enganar cunha herdanza leva a dúas persoas a xuízo

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro 7 de maio a dúas persoas...

Protestas en Gadis e Froiz pola paralización do convenio colectivo

Persoal do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este sábado...

Xulgado na Coruña por unha presunta estafa de máis de 100.000 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro martes, día 5,...

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here