InicioBARRIOSA escolarización, a inserción laboral e o coñecemento da cultura, os camiños...

A escolarización, a inserción laboral e o coñecemento da cultura, os camiños do Secretariado do Pobo Xitano para unha integración real

Publicada o

Por editor

Como cada 8 de abril, os membros de Secretariado Xitano da Coruña celebra o Día Internacional do Pobo Xitano. Hoxe, celebraban no Centro Cívico de San Pedro de Visma, un acto institucional en presenza da concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira. Nesta ocasión, para ler o manifesto de defensa da diversidade, demostrando o compromiso do colectivo na na loita contra os prexuízos e a procura de vías de diálogo, de integración e de superación das barreiras.

A escolarización das xeracións máis novas, a reubicación de familias que vivían en asentamentos, e a inserción laboral da mocidade, en especial de nenas e mulleres, son as liñas principais das políticas de integración das persoas do colectivo.

”A palabra chave é coñecer”, sinalou Santiago Barrul, do Secretariado abrindo as portas da súa comunididade para favorecer a inclusión sociolaboral. “Coñecer a nosa cultura, a nosa historia e a nosa achega é a mellor forma de acabar cos prexuízos”, engadiu.

O acto terminou coa degustación da pota xitana e a verza xerezana que elaboraron dous membros da entidade e co recordatorio de que o ano que vén a celebración do 8 de abril centrarase na conmemoración dun fito histórico: o 600 aniversario da chegada documentada das primeiras persoas xitanas á península.

Ademais, mañá, un grupo de mozos e mozas de etnia xitana, que están a asistir a un itinerario formativo en hostalería organizado por Secretariado Xitano, asistirán a un taller de procura de emprego no Centro Municipal de Emprego.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here