InicioDEPORTESHC Coruña, CRAT, OAR e Volei Zalaeta alimentan o soño do deporte...

HC Coruña, CRAT, OAR e Volei Zalaeta alimentan o soño do deporte herculino

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Falamos moito estes días do soño que vive a cidade na Coruña cos seus principais equipos deportivos. E non é para menos, pois a día de hoxe temos 10 clubs aspirando ao máximo nas súas disciplinas. Ollo ademais á importancia, e a falta de visibilidade que teñen as nosas deportistas, pois son varios os clubs femininos que están competindo ao máximo nivel e teñen moitos problemas económicos para facelo con comodidade.

Temos falado do Depor Abanca, que está a un paso do ascenso á máxima categoría do futfem estatal, e de feito pode ascender o domingo ás 12:00h en Riazor.

Falamos do Dépor, que está tres vitorias de volver ao Fútbol profesional.

Falamos do Liceo, que un ano máis vai competir no playoff polo título da OK Liga, meténdose como 3º.

Falamos do Basquet Coruña está a dúas vitorias do ascenso a toda unha ACB, a máxima categoría do baloncesto estatal.

Falamos do Maristas colouse á Fase de Ascenso á Liga Challenge, a segunda división do baloncesto feminino estatal, e mesmo invitan a viaxar co equipo.

Pero é que temos que falar tamén doutra serie de equipos que están facendo unha campaña impecable.

O HC Coruña, na Champios de Hockey

Atención especial merece o HC Coruña. Despois do convulso ano pasado, no que tivo que facer unha campaña de crowfunding para poder acodir ao playoff polo título da OK Liga Iberdrola (a máxima categoría do hockey feminino), e mesmo víndose obrigado a saír do paraugas do Liceo, o club mantense na 6ª praza da liga estatal, pero ademais están clasificadas para a Final Four da WSE Champions League. Si están entre as 4 mellores de Europa de hockey feminino


Antes, disputará ademais do 18 ao 21 de abril a Copa de la Reina en Vilafranca del Penedés.

En hockey somos potencia mundial ademais co Club AA Dominicos na OK Plata, xunto co Escola Lubians de Carballo e o AD Ordes, e o Compañía de María, que está de líder na OK Bronce para volver á 2ª categoría estatal.

O Volei Zalaeta á Fase de Ascenso á Liga Iberdrola

Espectacular tamén a tempada do Volei Zalaeta, competindo na Superliga-2 Feminina, a 2º estatal, e que se acaban de meter na Fase de Ascenso. Este club que tanto fai polo deporte feminino de base quedaron subcampiobats do Gr.A e buscan apoios para participar con máis comodidade na Fase de Ascenso á Liga Iberdrola.

O CRAT Rialta na Final de Liga

Outras heroínas do noso deporte son as xogadoras do CRAT Rialta, que este domingo 21 disputarán ás 12:30 a final da Copa RFER de rugby en Alcobendas ante o actual campión de liga, o Majadahonda. O club coruñés volve a unha final como fixo xa hai 5 anos.

O OAR CARA O ASCENSO

O noso equipo de balonmán da Primera Nacional A, a terceira división estatal, está a piques de entrar na promoción de ascenso á División de Honra Prata.

Viaxes Amarelle

Viaxes Amarelle

Na máxima categoría do fútbol sala estatal feminino, a Primera RFEF Futsal Femenina, temos ao Viaxes Amarelle. As herculinas pelexan este ano por non descender, e están a falta de 5 xornadas con 3 puntos de vantaxe sobre o descenso.

O Athletic Coruña

O Athletic Coruña de hockey herba compite tamén en sénior ademais de ser unha potencia en canteira cun coidado na cidade da Torre espectacular, como o comprobamos o pasado venres nas xornadas de portas abertas.

Máis novas

O Basquet Coruña, o Maristas, o Liceo, o DéporAbanca e o Dépor seguen facendo soñar a toda unha cidade

ÚLTIMAS

As defensas dos acusados do asasinato de Samuel anuncian recursos

Avogados da defensa na malleira mortal a Samuel Luiz anunciaron recursos tras o veredicto de...

Tres acusados de asasinato, un por cómplice e a moza, asolta, no xuízo de Samuel Luiz

O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a...

Detido un home en Cambre por acoso sexual e ameazas con arma branca

A Garda Civil de Cambre detivo a un home, de 68 anos, residente na Coruña como...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada 'Lingua con dereito. Dereito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here