InicioDEPORTESO Basquet Coruña, o Maristas, o Liceo, o DéporAbanca e o Dépor...

O Basquet Coruña, o Maristas, o Liceo, o DéporAbanca e o Dépor seguen facendo soñar a toda unha cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Coa cautela dunha cidade que coñece ben a derrota, pero coa ilusión desbordada, A Coruña afronta esta primavera cos 5 principais equipos ocupando postos de privilexio nas súas competicións.

Quedan un par de meses de competición, pode pasar de todo, pero a cidade volve vibrar co deporte como poucas veces, afrontando un título da máxima competición estatal, dous ascensos á máxima categoría e unha volta ao deporte profesional. Facemos un repaso da situación do Liceo, Basquet Coruña, o Maristas, Depor Abanca e Depor.

Liceo

O LIceo celebrando unha vitoria ante o Barca
Xogadores do Liceo celebrando a vitoria ante o Barca

O equipo máis laureado da cidade, e o equipo que segue loitando ao máximo nivel, afronta a recta final da temporada nunha situación excepcional. Os verdes están na 3ª praza, moi lonxe do todopoderoso Barça, pero a 3 puntos dun Noia Freixenet que aínda ten que pasar, na última xornada (quedan 4 para o remate da fase regular) polo Forno de Riazor. Os de Juan Copa veñen de gañar 3-1 ao Liceo, así que no playoff polo título todo pasar con este histórico equipo campión.

O Maristas

Maristas vai ao playtoff

Incrible a campaña deste humilde club escolar de Maristas. A falta de dúas xornadas, as de Fer Buendía veñen de confirmar a súa presencia no playoff de ascenso á Liga Challenge, a segunda competición do baloncesto feminino estatal. Hoxe mesmo xogan en Lanzarote buscando unha 3ª praza que lles permitirá participar na promoción con algo máis de opcións. Van de cincentas pero non desbotan nada.

Basquet Coruña

Burjanadze en Riazor
Burjanadze en Riazor

O Forno de Riazor está máis quente que nunca para ver o Leyma Basquet Coruña. Os de Diego Epifanio volvían arrasar este domingo ao Menorca por 105-73, liderados de novo por Jakovics e Burjanadze, e teñen unha vitoria de vantaxe sobre o Tizona Burgos e dúas vitorias sobre San Pablo Burgos, Lleida, Estudiantes e Gipuzkoa. Quedan 7 xornadas de tolemia para seguir pelexando polo único posto de ascenso directo, ou ben volver xogarse o soño do ascenso á liga ACB, a máxima competición do baloncesto estatal, na lotería dos playoff que tanto odiamos.

Este sábado 6 de abril toca derbi en Ourense, e a afección laranxa monta viaxe!

Dépor Abanca

Ambiente en Riazor para ver o Depor Abanca
Ambiente moi familiar en Riazor para ver este domingo para ver o Depor Abanca

7.500 persoas déronse cita onte en Riazor para ver o partido do Depor Abanca. As de Irene Ferreras están na 2ª praza, preto dun intratable Barcelona B, que en calquera caso non pode ascender á Liga Iberdrola, a máxima competición estatal. Así afrontan as 3 últimas xornadas con 4 puntos de vantaxe sobre o Español, o gran rival nesta loita polo ascenso.

Mágoa o partido de onte ante o CE Europa. As coruñesas comezaron barrendo do campo ao cadro catalán, pero o balón non quería entrar. Cunha brillante Ahinoa, a xogadora distinta da categoría, e sustentada nunha Henar imperial no medio campo, facendo da mellor Mauro Silva que se recorda, O equipo colocábase por diante a falta dun cuarto de hora na enésima ocasión. Pero no practicamente único tiro a gol das visitantes, conseguían empatar o choque, evitando que as coruñesas deses un paso case que definitivo para asinar o ascenso.

Asi e todo, de gañar a finde do 14 de abril en Bilbao ante o filial do Atletic, as branquiazuis poderían cantar o alirón se non gaña o Español (que vén de empatar tamén) ante o Madrid CFF B. Senón, o equipo podería xogarse o ascenso a finde do 21 de abril en Riazor ante o Cacereño Feminino, outro equipo da zona baixa.

11 do Depor Abanca este domingo en Riazor
11 do Depor Abanca este domingo en Riazor

E o Dépor…

E que dicir do Depor que non saibamos… O equipo de Imanol Idiákez afronta os 8 partidos de liga dende o máis alto, co claro obxectivo de quedar campión de grupo e subir directamente á 2ª División. Despois de 3 meses de zozobra, e tras aguantar e aguantar a Imanol, o equipo colleu velocidade de cruceiro e xa gaña partidos que nin merece. Con todo, a afección prefire esquecer varapaos como Mallorca, Albacete ou Castellón, e sobe ao carro da ilusión, que tanta falta lle fai.

Queda moito por facer, pero como nos conta o noso analista branquiazul, Miguel Barreiro, o que queda por diante debería ser asequible.

 

ÚLTIMAS

O deporte, unha fonte de LGTBIfobia

● O 66% das persoas enquisadas por ADI manifestaron sentirse discriminadas algunha vez na...

O deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

Mes para soñar na cidade herculina, cunha marea de equipos que chegaban con opcións...

O Concello de Oleiros afirma que Costas dá por finalizado o dragado do Burgo “sen facer tramos pendentes”

O Concello de Oleiros manifestou que a Demarcación de Costas deu por finalizado o...

Remolcado un pesqueiro ao peirao de Oza por un problema na hélice, sen danos persoais

O buque SAR Gavia de Salvamento Marítimo remolcou este luns á pesqueiro Alba Mar...

1 COMENTARIO

  1. Faltouche por falar do Crat (semifinais de liga), HC Coruńa (semifinais de champions), Zalaeta (promoción ascenso) OAR (a piques de entrar na promoción de ascenso)

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here