InicioA CORUÑATres alumnas do IES Agra do Orzán gañan o certame Reimaxina a...

Tres alumnas do IES Agra do Orzán gañan o certame Reimaxina a Ciencia

Publicada o

Por europapress

A Xunta de Galicia eloxiou as vocacións científicas entre os máis novos, na entrega do premio do concurso Reimaxina a Ciencia, no que participaron máis de 1.500 estudantes galegos, e no que se alzaron co galardón tres alumnas do IES Agra do Orzán (A Coruña): Elba Belmonte, Claudia Seco e Manuel Souto. Así o trasladou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que na gala de entrega do premio celebrou o “moito talento” que hai entre os estudantes galegos, que é “a esperanza para un futuro mellor”.

O titular de Sanidade referiuse ao traballo da administración para buscar as mellores solucións para as enfermidades dos pacientes e, respecto diso, lembrou que a Xunta destinou este ano máis de 43 millóns de euros para financiar o labor das tres funcións públicas sanitarias.Ademais do proxecto gañador, no acto foron presentando os cinco vídeos finalistas restantes sobre ensaios clínicos, dos centros Seminario Menor daAsunción (Santiago), IES de Brión e CPI de Atios (Valdoviño).

O concurso Reimaxina a Ciencia buscar achegar a ciencia e a tecnoloxía aos máis novos dunha maneira divertida, ademais de fomentar vocacións científico-tecnolóxicas e impulsar oportunidades profesionais na contorna STEM.

ÚLTIMAS

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...