InicioSOCIEDADESeis millóns de fondos europeos para a rehabilitación de vivendas na cidade

Seis millóns de fondos europeos para a rehabilitación de vivendas na cidade

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña recibiu a confirmación da asignación de seis millóns de euros para investir na rehabilitación de vivendas en diferentes barrios da cidade, segundo informa.

Estas axudas forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno central e están financiadas a través dos fondos europeos Next Generation.

Estas achegas empregaranse en catro Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) da cidade. Trátase do Barrio das Flores, Cidade Vella e Pescadería, grupo de vivendas María Pita-Labañou e O Ventorrillo-Casas de Franco.

O goberno local dará prioridade ás actuacións no Barrio das Flores “para incentivar a recuperación dun barrio que ata o momento non foi obxecto de investimentos semellantes aos que se levaron a cabo noutras áreas da cidade”.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...