InicioSOCIEDADEPublicado un catálogo antolóxico do pintor Cheché Martín, xogador de equipos como...

Publicado un catálogo antolóxico do pintor Cheché Martín, xogador de equipos como o Deportivo e o Barcelona

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña acolleu este xoves a presentación dun catálogo antolóxico do pintor Cheché Martín, xogador, entre outros equipos, do Deportivo, At. Madrid ou o Barcelona. Un “home de mundo” que tivo moitas aristas que cómpre revisar, xa que despois de ser un defensa por varios equipos de toda España durante os anos 60, acabou dedicándose á arte como pintor e tamén adestrou varios equipos.

O acto contou coa presenza do comisario da mostra e autor do catálogo, Rubén Ventureira, e familiares de Cheché Martín, organizado coincidindo coa celebración dos cen anos do seu nacemento.

O catálogo forma parte da mostra ‘Cheché Martín. A vida nun trazo’, que acollerá a sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita do 20 de xuño ata o 28 de xullo.

 

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...