InicioA CORUÑAAprobada unha moción no Concello da Coruña para revisar o convenio de...

Aprobada unha moción no Concello da Coruña para revisar o convenio de 2004 sobre o futuro dos peiraos

Publicada o

Por europapress

O pleno da Coruña aprobou este xoves, por unanimidade, unha moción para a revisión do convenio de 2004 sobre o futuro dos peiraos coruñeses.

Nela, ínstase o goberno local a que revise o citado convenio e modifique o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) “para avanzar no deseño da fachada marítima”.

Sobre o citado convenio, e nunha xornada con protesta convocada polo colectivo Defensa do Común ante o consistorio, o portavoz nacionalista Francisco Jorquera asegurou que o convenio de 2004 permitía uns aproveitamentos urbanísticos que “en absoluto se corresponden ás necesidades” da cidade. Tamén demandou un deseño con participación da cidadanía.

POLÍGONO DE POCOMACO

Por outra banda, o PP e o BNG rexeitaron a aprobación dunha addenda ao convenio cos empresarios de Pocomaco para a regularización do polígono.

Isto despois de que o goberno local chegase a un acordo coa dirección dos empresarios para pór fin a unha situación “irregular” que se remonta a hai xa 50 anos e que, engade, “regularizaría as parcelas facilitando a concesión das licenzas”, ademais de facilitar investimentos.

Na mesma sesión, e a través dunha pregunta oral, o portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo, demandou de novo á alcaldesa, Inés Rey, a adopción de responsabilidades políticas no caso do piso da avenida do Exército do portavoz do goberno local, José Manuel Lage, ao considerar que se concedeu licenza “á velocidade de cruceiro” e cando xa se acometeron obras.

De novo pediu un pleno extraordionario, mentres que a edil de Atención Cidadá, Montserrat Paz, na súa resposta, defendeu o labor dos funcionarios.

ÚLTIMAS

Un ano de mobilizacións da ANPA do CEIP de Prácticas contra o lamentable deterioro do centro

Levan máis dun ano en loita, dende que aquel 11 de novembro de 2024...

A Coruña acolle o ciclo ‘Castelao e o seu tempo’ no 75 aniversario do falecemento do intelectual galego

A Coruña acollerá os días 6, 11, 12 e 19 de novembro o ciclo...

O Castro de Elviña terá un centro de apoio ás actividades arqueolóxicas

O Concello dá continuidade á súa folla de ruta para potenciar a rede de...

O persoal de Jevaso mobilízase contra a extrema precariedade laboral do xigante do textil

Xa falamos esta semana, a fondo, do devir laboral do xigante do textil Jevaso....