InicioSOCIEDADEA Coruña clausura este domingo o 'Encontro Mundial de Humorismo'

A Coruña clausura este domingo o ‘Encontro Mundial de Humorismo’

Publicada o

Por europapress

‘Encontro Mundial de Humorismo’ finaliza este fin de semana a súa cuarta edición na Coruña. O sábado, haberá dobre sesión de ‘A Ruína’, o espectáculo de Tomás Fuentes e Ignasi Taltavull no Teatro Colón, e de ‘Humoris Causa’, con Silvia Abril, Leo Harlem, Goyo Jiménez e Luís Piedrahita, no Palacio da Ópera.

Pola mañá, ademais, o auditorio da Sede de Afundación acollerá ás 12,30 horas a mesa redonda de acceso libre ‘O negocio do humor’, no que participarán Álex Clavero, Juan Herrera, Raquel Martos e Luís Piedrahita.

Esta cita, segundo apuntan os organizadores, está enmaracada na campaña Cultura por Alimentos que anima ao público a achegar produtos non perecedoiros que posteriormente distribuirá o Banco de Alimentos Rías Altas.

O domingo, engaden, no teatro Colón gravarase o podcast ‘O sentido da birra’, no que Ricardo Moya entrevistará a Antonio Resines. Terá lugar tamén a gala de clausura ‘Fantastic Colofon’, conducida por Javier Veiga, Xosé A. Touriñán, As R(h)umorosas — Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro– e David Cepo, na que se entragarán os Premios EMHU 2024 a Antonio Resines, Goyo Jiménez e Xosé Ramón Gayoso.

ÚLTIMAS

Falece a balea varada en Sabón

Unha balea duns cinco ou seis metros que quedou varada este luns na praia...

Martín Romero: ”O fanzine a día de hoxe permite atopar propostas que diverxen moito do mercado editorial”

Martín Romero vén de gañar o III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026....

A UDC nega necesitar “rescate” pero demanda un “financiamento estrutural maior”

A Universidade da Coruña (UDC) confirmou a "necesidade dunha maior financiación estrutural" para a...

Dous veleiros sofren novas arremetidas de orcas fronte á Coruña

Dous veleiros sufriron este domingo novas arremetidas de orcas fronte á costa da cidade...