InicioECONOMÍABaixa o paro na Coruña en abril

Baixa o paro na Coruña en abril

Publicada o

Por editor

O número de parados rexistrados nas oficinas galegas dos servizos públicos de emprego baixou en 2.677 persoas en abril, en relación co mes anterior, o que supón un 2,08% menos que en marzo.

Así se desprende das cifras publicadas este luns polo Ministerio de Traballo e Economía Social, que sitúan o total de desempregados galegos nos 126.334, un 9,34% menos que hai un ano, con 13.009 persoas sen emprego menos.

Por provincias, na Coruña o parou baixou en 1.240 persoas en abril respecto de marzo, un 2,41% menos, ata 50.129 persoas sen emprego, un 10,62% menos se se compara con hai 12 meses.

En Lugo hai 12.048 desempregados, 259 menos que en marzo (-2,1%) e 907 menos que en abril de 2023 (-7%). Situación similar viviu Ourense, con 433 desempregados menos en abril, ata 14.953, un 2,81% menos, ou un 7,23% menos se se compara con hai un ano (-1.166 parados menos). Pontevedra pechou abril con 49.204 desempregados, 745 menos que hai un mes (-1,49%) e 4.980 menos que hai un ano (-9,19%).

Do total de parados galegos, un 41,9% era home e un 58,1%, muller. Ademais, case un 4% tiña menos de 25 anos. Por sectores, todos eles rexistraron un descenso do desemprego, caendo en 143 persoas na agricultura, ata 4.041 parados. Na industria a baixada foi de 281 desempregados, ata 12.448, do mesmo xeito que a construción, que quedou con 8.444 parados, 281 menos. Os servizos rexistraron unha diminución do desemprego de 1.814 persoas, ata 89.976. O colectivo de persoas sen un emprego previo supuxo 11.425 parados, 158 menos que hai un mes.

Entre outros datos, os beneficiarios por prestacións de desemprego en Galicia alcanzaron as 84.242 persoas, dos cales 38.720 percibían unha prestación contributiva. De media, estes últimos cobraban 942,7 euros ao mes, por baixo dos 981 euros de media nacional.

ÚLTIMAS

O Cemiterio de Santo Amaro lembrou a María Barbeito Cerviño, Curros Enríquez e Federico Fdez. Amor-Calvet

Trala fin de semana de actividade comercial polos barrios arredor do Haloween, este domingo...

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

Scorpions actuará na Coruña o 2 de maio

A banda alemá de rock Scorpions actuará no Coliseum da Coruña o vindeiro 2...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here