InicioDEPORTESO Deportivo Liceo, xa de volta na Liga tralo Mundial

O Deportivo Liceo, xa de volta na Liga tralo Mundial

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

Voltou a competición na OK Liga de hockei sobre patíns, tralo mal sabor que nos deixou nos beizos o Campionato do Mundo de Arxentina, co decepcionante quinto posto da selección masculina e o digno subcampionato das féminas.

O primeiro equipo masculino do Deportivo Liceo retomou o ritmo na liga con dous partidos na mesma semana, enfrontándose ó potentísmo F.C. Barcelona no Pazo dos Deportes de Riazor, para despois viaxar a Alcoi. O encontro de Riazor foi igualadísimo, digno dos dous favoritos ó título, os dous derradeiros Campións da OK Liga. A victoria final levárona os barcelonistas por 2 a 3, pero sufrindo ata os últimos intres.

Tres días máis tarde o Liceo, moi necesitado de puntos, saltaba á pista como visitante para enfrontarse ó PAS Alcoi. Desta vez acadaron a victoria por 0 a 2 e colocáronse no segundo posto da táboa, perseguindo a un Barcelona que ya abriu a brecha a 6 puntos.
Este ano parece que os da cidade condal non teñen pensado deixar fuxir outra liga, e iniciaron o campionato imparables, cun pleno de 8 victorias consecutivas.

As rapazas do Liceo, pola súa parte, venceron ó C.P. Votregá pola mínima, 5 a 4, acadando tres puntos valiosísimos ante un rival directo. Marchan no 9º posto, tentando alonxarse canto antes da zona baixa da clasificación.

A análise dos dous equipos verdibrancos tralo primeiro tercio da liga regular é algo dispar, ademáis de enganoso. O equipo feminino, tralo dignísimo 6º posto da tempada pasada, buscan asentarse na zona media-alta da táboa. Queren facerse merecedoras dun lugar entre os equipos de primeiro nivel. Sen aspirar ó título, pero sen pasar apuros. Buscando competir e acadar os postos que dan acceso a disputar a Copa, primeiro, e despois xa veremos. Espero sinceiramente que poidan cumprir os seus obxetivos, pois a esas rapazas sóbralles esforzo e ilusión, a pesar de que lles falten medios.

No outro lado está o masculino. O buque insignia, o equipo que acapara a case totalidade dos recursos do clube. Houbo renovacion integral do plantel, trala marcha de ata sete xogadores, pero aínda así vemos que o equipo segue a competir ó máximo nivel.

Segundo na táboa e dando a cara contra calquer rival. Pero a pregunta non é se o Liceo compite, pois eso no caso dos verdibrancos dase por descontado. A cuestión é por que o actual campión de liga ten que se reconstruir por completo. Por que se dá esta desbandada no que foi o mellor o equipo da tempada pasada. Normalmente os equipos desmantelados son os que están en crise. No caso do Liceo é máis que evidente que a crise non é deportiva. A súa crise, e esto é moitísimo máis preocupante, é institucional. E para nada é pasaxeira, leva moito tempo instalada en Matogrande. Sobrevivindo a xogadores, técnicos, directivos, proxectos…

Moitos cren coñecer as causas, pero o verdadeiramente difícil é acadar as solucións.

  • Fernando Campos Matiñán. Comecei a xogar ó hóckey sobre patíns no Liceo ós 8 anos.
    Licenciado en CC. Da Actividade Física e o Deporte no INEF de Galicia. Entrenador e preparador físico de varios clubes (INEF Galicia, CP. Ordenes, EMH Cee, HC Liceo) Actual entrenador do Colexio Obradoiro.

ÚLTIMAS

Paixón telúrica na Gran Noite Coruñenta polos 30 anos do Bravú

“Poderosa” e “telúrica”. Así foi a Gran Noite Coruñenta este pasado venres no Teatro...

A Coruña levou a peor parte da borrasca Bert: caída de árbores e mobiliario afectado

A borrasca Bert deixou en Galicia durante as últimas horas un total de 874 incidencias...

A Coruña, segundo concello do Estado que máis aumenta a renda entre 2019 e 2020

A Coruña, Santiago e Lugo están entre os 10 municipios de máis de 50.000 habitantes...

Tres acusados de asasinato, un por cómplice e a moza, absolta, no xuízo de Samuel Luiz

O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a...