InicioDEPORTESDÉPOR, DÉPOR, DÉPOR... SEMPRE DÉPOR!

DÉPOR, DÉPOR, DÉPOR… SEMPRE DÉPOR!

Publicada o

Por editor
Milleiros de persoas, hai quen apunta case 100.000 persoas, celebran xa o ascenso do Deportivo da Coruña a Segunda división. Unha fazaña histórica dun clube histórico. Un clube que é a xente, é A Coruña porque ninguén como o Depor é quen de mover na antiga Segunda B a milleiros de persoas e encher campos partido tras partido. Por iso, esta é a historia dunha cidade envorcada co seu equipo. Por iso, isto é o primeiro capítulo dunha serie que, de seguro, acabará coa volta a Primeira.
Minuto 57 e os 31.833 deportivistas que atoparon en Riazor cantaron xuntos o gol da icona do clube, Lucas Pérez, outra vez Lucas Pérez. E 33 minutos despois milleiros de persoas tomaban Riazor. A contorna do campo era unha festa. Unha festa que comezou xa moito antes, ao mediodía, coas peñas e seareiros por todos os recunchos da cidade. E a cidade segue sendo aínda unha festa.
A tradicional celebración na Praza de Catro Camiños terá que agardar. E todo por unha mala decisión do clube. Haberá que agardar ao sábado 25 cando termine a fase regular do campionato, fronte á Real Unión de Irún, para tomar a histórica fonte coruñesa.
Festa do Dépor antes de materializar o seu ascenso a Segunda División / Miguel Barreiro
O Dépor logra novamente regresar ao fútbol profesional despois de catro tempadas. Catro temporadas marcadas pola frustacción de varias campañas a piques de subir na liguiña de ascenso. Pero a cuarta foi a vencida. Coruña goza agora de momentos deportivos épicos; a suba das nosas á primeira, a suba do Dépor a Segunda e a do Bascket Coruña á Liga de Ouro do baloncesto español.

ÚLTIMAS

Viñetas desde o Atlántico enche A Coruña de banda deseñada con máis de cen actividades e 24 exposicións

O festival Viñetas desde o Atlántico celebra unha nova edición na Coruña coa memoria...

O Noroeste ábrese a novos públicos

Queirámolo ou non moitos da xeración dos 80-90, o Festival Noroeste xa non é...

Novas alegacións veciñais e políticas contra a urbanización do Parque da Agra

Tralas alegacións respaldadas por máis de 5.800 presentadas pola veciñanza do barrio, tanto a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here