InicioCULTURAO (S8) Mostra de Cinema Periférico converte A Coruña no centro mundial...

O (S8) Mostra de Cinema Periférico converte A Coruña no centro mundial do cinema de vangarda

Publicada o

Por editor

Do 31 de maio ao 9 de xuño, a 15ª edición do (S8) Mostra de Cinema Periférica da Coruña, volverá situar á cidade herculina no centro da vangarda cinematográfica.

Así o debullaban os seus directores, Ana Domínguez e Ángel Rueda, na presentación oficial   realizada na Domus da Coruña, unha das sedes do evento, xunto á Sala Palexco, Filmoteca de Galicia e Fundación Luis Seoane. 5 salas nas que se irán proxectando 142 pezas e 31 estreas absolutas, entre as que hai un fío condutor: a potencia creativa das cineastas mulleres.

Presentacion s8 Cinema periferico Coruna 2024
Na presentación participaron representantes das entidades colaboradoras: Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Acción Cultural Española (A/CE) e a marca Cervezas Alhambra.

Os directores explicaron que o tarot inspira a imaxe 2024 do festival en homenaxe ao cineasta norteamericano Kenneth Anger, falecido en 2023. O autor do famoso libro Hollywood Babylon, publicado en 1965 e en cuxas páxinas desfilaba o máis escabroso da industria do show business, será homenaxeado na inauguración de (S8) o 31 de maio, coa sesión “O cine de Thelema”, na que se proxectarán na Filmoteca de Galicia os seus filmes Lucifer Rising e Inauguration of the Pleasure Dome.

As artistas mulleres

As artistas mulleres copan a programación do festival, que ofrece máis de 140 obras ao público que se achegue ao (S8). O discurso fílmico das creadoras de vangarda imponse como realidade innegable nunha programación que atravesa a obra de referentes como Narcisa Hirsch –coa primeira gran retrospectiva tras o seu falecemento e a quen se dedica este ano o festival– ou a estadounidense Margaret Honda, dedica programas ao cinema underground de Annalisa D. Quagliata e á memoria da diáspora de Franci Durán, presenta unha nova sección “Sinais Latinoamérica” na que exclusivamente veremos obras de mozas creadoras, descubriranos a Rhayne Vermette, cineasta Métis -un dos tres pobos aborígenes recoñecidos en Canadá- ou nos levará ao cinema expandido da sección “Desbordamentos” da man de Gaëlle Rouard e Lynn Loo.

Vangarda galega

Dentro da programación do (S8) 2024, a vangarda galega máis nova estará representada na sección “Sinais” cos traballos de Iago Lourido, Yasmina Farhani Luaces, e Pablo Agma, recente gañador das bolsas ao desenvolvemento ese8_LAB, organizadas polo festival.
Por outra banda, a obra da artista de Xinzo de Limia, residente en Barcelona, María Ruído protagonizará o programa monográfico en liña “Ultreia et suseia”, dedicado cada ano ás voces máis destacadas do cinema galego actual. A programación do (S8) contará con 18 pezas de autoría galega.

Canadá: 30 anos Film Farm

O (S8) sempre tivo os seus ollos postos en Canadá, por ser un dos territorios de maior actividade e historial en relación ao cinema experimental. A Film Farm, proxecto comandado por Phil Hoffman, que estará na Coruña, cumpre 30 anos e sempre foi inspirador para a Mostra da Coruña, tal como explicaronn os seus directores. Nunha granxa na provincia de Ontario, cada ano congréganse un grupo de artistas para aprender e compartir técnicas de revelado e manipulación analóxica, para filmar, visionar e compartir cinema nunha contorna natural, xerando así unha experiencia transformadora. Algúns dos traballos alí creados poderanse ver na Coruña.

A cineasta Rhayne Vermette, con recoñecemento internacional tras o paso pola Berlinale e por Toronto co seu primeiro longo Ste. Anne, e a chilena afincada en Canadá, Franci Durán, cuxo traballo, relacionado coa Film Farm, enráizase na experimentación con soportes fotoquímicos, son outras das protagonistas do foco canadense do 15º (S8).

Desbordamentos

“Desbordamentos”, a sección do festival dedicada ao cinema expandido que ten lugar na Fundación Luis Seoane, acolle este ano a dous artistas que transitan ese camiño: Gaëlle Rouard e Lynn Loo. De Rouard, unha das fundadoras do mítico Atelier MTK en Grenoble, poderemos ver entre outras, a súa película Darkness, Darkness, Burning Bright que se estreou no Festival de Róterdan e gañou o Premio á Mellor Película Experimental do festival Curtas Vila do Conde. Lynn Loo, música e cineasta orixinaria de Singapura radicada en Londres, explora o cinema expandido con filme performances nos que emprega varios proxectores de 16 mm funcionando á vez.

O (S8) da Coruña acende a súa conta atrás

(S8) 2024 en cifras:

  • Pezas a proxectar: 142 piezas
  • Estreas: Mundiais – 31 / Internacionais 25 / Estatais – 53
  • 20 nacionalidades dos filmes: Canadá – Argentina – EE.UU – Francia – México – Perú – Austria – Holanda – Reino Unido – España – Chile – Portugal – Colombia – Puerto Rico – Brasil – Irán – Australia – Xapón – Alemaña – Romanía.
  • Pezas de autoría galega: 18 piezas
  • Número de cineastas conidadas/os: 60 cineastas
  • Estudantes acreditados/as: 21
  • Número de film performances: 6
  • Sedes: 5: Palexco, Domus, Fundación Luis Seoane e Filmoteca de Galicia
  • Actividades paralelas: Formativas – 3 / Profesionais – 2
  • Escolares participantes en actividades de la Mostra: 440 escolares

 

VER AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO DO (S8)

ÚLTIMAS

Tres acusados de asasinato, un por cómplice e a moza, absolta, no xuízo de Samuel Luiz

O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a...

Alas Coruña celebra que o veredicto do xurado popular polo asasinato de Samuel recolla a “motivación homófoba”

A asociación LGTBI+ Alas Coruña, entidade que exerce a acusación popular no caso do...

As defensas dos acusados do asasinato de Samuel anuncian recursos

Avogados da defensa na malleira mortal a Samuel Luiz anunciaron recursos tras o veredicto de...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada 'Lingua con dereito. Dereito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here