Esta pasada fin de semana a terceira edición de Wids Coruña (Women in Data Science), iniciativa para dar visibilidade a muller en ciencia de datos.
A embaixadora de Wids pola cidade de Coruña, Cristina Gil Rey organizou por terceiro ano consecutivo un evento no restaurante Árbore da Veira do monte de San Pedro no que se falou de ciencia de datos, de inclusión e ciberseguridade.
O acto foi inaugurado pola concelleira de Medio Ambiente do concello de Coruña Noemí Brito e posteriormente comezou cunha conversa entre a organizadora Cristina Gil e Berta Ares , directora do BME Intech a filial Intech de Bolsas e Mercados españoles.
Participaron mulleres referentes de empresas como María Paredes de Hijos de Rivera, Marianne Mariño NTT Data, Elena Zuluaga e María González Repsol e Alba Fernández de Llorente y cuenca. E o acto finalizou cunha mesa redonda sobre ciberseguridade moderada por Ana Gil con Elisa del Caño e Alba Meijide.
Os patrocinadores do evento foron Milbrait Asesores e NTT DATA e contouse ca colaboración de Cafés Lúa e Animosa que deron un agasallo ás ponentes.
Ao finalizar o evento tivo lugar un cóctel con distintos empresarios e empresarias e amenizado por un violinista.