InicioBARRIOSOs Murais de Azulexo de Lar volven converter A Mariña nun museo...

Os Murais de Azulexo de Lar volven converter A Mariña nun museo a ceo aberto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volve converterse a zona da Mariña nun Museo a Ceo Aberto coa instalación da exposición da 10ª edición do concurso de murais de azulexo do Concurso de Murais de Lar. O proxecto de responsabilidade social corporativa da empresa ceense expón na privixilexiada zona herculina estes murais creados polo alumnado de 9 centros de ensino e centros de educación especial.

Trátase diun proxecto transversal, que este curso estivo relacionado coas profesións das mulleres do século pasado. Así, os murais representan oficios como o de Oleira, Marisqueira, Costureira, Tecedeira, Palilleira, Labrega, Peixeira, Conserveira e Redeira, dando conta da importancia das mulleres do país nos tempos da emigración.

Un feito de trasladar así o peirao coruñés aos tempos nos que milleiros de homes tiveron que marchar ao outro lado do mundo para buscar un futuro mellor, mentres que moitas mulleres anónimas tiveron que manter, soas, as súas familias e as que non eran as súas, nun momento histórico moi difícil.

Murais de Azulexo de Lar en Coruna Murais de Azulexo de Lar 2 na Coruna

Foron 9 os centros participantes: Colexio Manuela Rial de Cee, Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra, As Esclavas da Coruña, IES Terra de Soneira en Vimianzo, IES Eduardo Pondal de Ponteceso, IES Praia Barraña de Boiro, IES Fernando Blanco de Cee, IES  Menendez Pidal da Coruña e Apem (Asoc Fermos Mentales de Cee).

“Este Museo itinerante e sustentable ten como obxectivo divulgar a nosa historia, honrar ao noso pobo a través da mirada do alumnado así como achegar o seu gran de area á inclusión social de persoas con outras capacidades que resultan marabillosas, explican dende Lar.

En cada mural hai un QR para coñecer a historia de cada mural, dando conta de que o que se ve é só a punta do icerberg, deixando atrás moitos meses de traballo especial, fomentando a integración, diversidade, loita contra o bullying, traballo en equipo, compañeirismo, investigación, talento, saber facer, deseño, arte, historia, economía colaborativa.

Máis información

ÚLTIMAS

Unha táboa flamenca do século XVI recuperada do tráfico ilícito entregada ao Museo de Belas Artes da Coruña

O Ministerio de Cultura entregou ao Museo de Belas Artes da Coruña -- de...

A coruñesa María Nieto lánzase ás meigas na súa segunda novela

Hijas de Lilith, a nova novela da escritora e xornalista coruñesa María Nieto, chegará...

CRMH recorrerá a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña anunciou que recorrerá a...

Volotea regresa a Galicia con cinco novas rutas desde A Coruña a partir de novembro: Bilbao, Málaga, Valencia, Sevilla e Alacante

A aeroliña Volotea puxo este mércores á venda cinco novas rutas que conectarán A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here