InicioBARRIOSEntidades veciñais convocan en María Pita por unha solución urxente ao problema...

Entidades veciñais convocan en María Pita por unha solución urxente ao problema do lixo pola “inacción” do goberno

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta semana era a Federación de Asociacións Veciñais FAVA a que deixaba claro que “o límite da paciencia da veciñanza rematou”. E así parece.

Non é a FAVA, en todo caso, a que convoca unha concentración veciñal en María Pita para o vindeiro venres 19 de xullo ás 20:00h. Son varias as entidades veciñais, alleas á Federación, as que pola súa conta, están realizando esta convocatoria a través das redes, invitando a unirse ao resto.

No comunicado manifestan o seu “profundo malestar ante a inacción e despreocupación amosada polo goberno municipal no conflito de saúde pública que levamos padecendo dende o 24 de xuño”.

”Non podemos permanecer indiferentes ante o deterioro da nosa cidade e acalidade de vida po run conflito que afecta á salubridade, seguridade, turismo, comercio, mobilidade…”

Sen querer entrar a facer xuizos de valor sobre a actitude dos traballadores, o comunicado si que reflicte o “asombro que nos provoca o sindicato STL, cuios dirixentes están sendo obxecto de investigación por unha presunta trama xudicial e levan anos secuestrando coas súas esixencias a imprescindible salubridade da cidade, e seguen sendo capaces de chantaxear a un goberno municipal utilizando unha cidade como reféns”.

Acusan tamén a Lage Tuñas o responsable de que o contrato coa empresa PreZero siga sen estar normalizado, e lamenta que a alcaldesa declare publicamente que está “atada de pés e mans”. Lembran aa subida dun 3% da taxa do lixo e esixen que se declare a alerta sanitaria, como aconteceu en 2022.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Asociación O Cruceiro (@ocruceiro_)

Máis novas

O Concello “está a tomar todas as medias legais” para esixir á empresa de recollida de lixo responsabilidades

“O límite de paciencia da veciñanza rematou”: A FAVA insta ao Concello a actuar de forma urxente na crise do lixo

O Concello estuda declarar a emerxencia sanitaria pola folga na recollida de lixo

Folga do lixo: a empresa acusa ao Sindicato da Limpeza de querer controlar a contratación do persoal

 

ÚLTIMAS

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

A coruñesa Bea Lema vén de recibir a nova de que é a gañadora...

Tres homes detidos poal Policía Local esta fin de semana por sendos casos de violencia machista

Fin de semana terrible na cidade, con tres intervencións da Policía Local por sendos...

A Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos Murais de Lugrís

A Valedora do Pobo vén de entregar ó Presidente do Parlamento de Galicia o...

A Escola da Bici comeza o novo curso

O auxe da presenza do carril bici na cidade (no 2019 había 23 quilómetros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here