InicioSOCIEDADENovos colectores incendiados noutra xornada de folga do lixo

Novos colectores incendiados noutra xornada de folga do lixo

Publicada o

Por europapress

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervir durante a noite do luns e a madrugada deste martes, día 16, para extinguir varios colectores que arderon en diferentes rúas da cidade. Estes feitos producíronse no medio dunha folga convocada polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), iniciada o pasado 24 de xuño con motivo de “despedimentos inxustificados”, “externalización de servizos” e “incumprimentos” de convenio.

Ás 21.59 horas, os bombeiros desprazáronse á rúa Revolución Francesa para extinguir con auga e espuma varios colectores que “ardían simultaneamente”. Unha hora máis tarde, ás 22.55, os efectivos tiveron que volver a esta vía tras o aviso dos veciños de que o lume se reiniciou.

Posteriormente, as 06.24 horas, os Bombeiros da Coruña recibiron outra alerta por un incendio nun elemento urbano na Avenida Finisterre. O conflito continúa na cidade herculina cunha nova xornada de lixo acumulado na rúa e tras o anuncio este luns, día 15, do persoal do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos da Coruña de paros “indefinidos” e “permanentes” a partir do próximo 1 de agosto ao non producirse avances na negociación coa empresa concesionaria, Prezero.

ÚLTIMAS

As últimas estimacións de voto na Coruña de cara ás Eleccións Xerais do 29N: A loita polo 8º deputado

Hoxe, 19 de novembro é o último día para solicitar o Voto por Correo,...

ADEGA pide aproveitar as obras da pasarela para eliminar as comportas da “lagoa” de Fonteculler

A “lagoa” de Fonteculler é unha pequena acumulación de auga creada de forma artificial...

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...