InicioBARRIOSA Feira das Marabillas volve trasladar á Cidade Vella ao Medievo

A Feira das Marabillas volve trasladar á Cidade Vella ao Medievo

Publicada o

Por editor

A Cidade Vella volve acoller dende este mércores 24 e ata o domingo 28 de xullo a XXVIII edición da Feira das Marabillas. A Asociación Comercial e Empresarial ‘Ciudad Antigua’ da Coruña (ACECA), xunto co Concello, preparan este vento que quere lembrar a Feira Franca do século XVI (así é o nome da feira medieval betanceira que se desenvolveu a semana pasada) e retomouse no 1993 como feira de ambientación medieval.

A inauguración da feira será o vindeiro mércores 24 de xullo ás 12.00 horas na praza de Azcárraga. A partir de aí, un completo programa de ocio, gastronómico e comercial para viaxar no tempo. Actuacións musicais, recreacións históricas e espectáculos teatrais e de acrobacias encherán as prazas e rúas do casco vello herculino, con fermosos recunchos como a Praza das Bárbaras ou As Atochas.

Ata 16 compañías artísticas participarán nesta edición, na que volverá a contarse co Recuncho das Pícaras na praza de María Pita, con atraccións e actividades pensadas para os e as máis pequenas. Entre a extensa programación destaca o encontro de música medieval que se celebrará na igrexa de Santiago o mércores 24 ás 20.30 horas, con entrada libre ata completar capacidade.

O horario de apertura da feira é de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 1.00 horas o mércores, venres e sábado e de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 23.00 horas o domingo.

Cartel Feira Marabillas Coruna 2024

Máis información

Máis novas

Cambre viaxa no tempo na VII Galaicoi

ÚLTIMAS

Adxudicadas as obras de mellora do parque de Santa Margarida

Ademais da concesión da licenza da nova ITV no Polígono de Vío, e a...

As 2,4 toneladas que un buque militar francés desembarcou na Coruña tiñan como destino España

A droga incautada nun operativo conxunto con Francia e que foi trasladada nun buque militar...

De mascota a “perrhijo”: A Coruña, a cidade con máis cans que nenos

Xa hai tempo que a curva dos cans superou ao de nenos na cidade...

A CoruñArt afondará en San Agustín na profesionalización do oficio literario, a música e a ilustración

Queda menos para a I Feira das Industrias Culturáis e Creativas na Coruña. A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here