InicioA CORUÑAO Concello decretará a Emexencia Sanitaria o luns se non hai recollida...

O Concello decretará a Emexencia Sanitaria o luns se non hai recollida integral esta fin de semana

Publicada o

Por editor

A rexedora Inés Rey declaraba esta mañá, tras unha nova noite de incendios de colectores, que o Concello da Coruña declarará este luns o estado de Emerxencia Sanitaria se ao longo da fin de semana non se fai unha limpeza integral ao longo da fin de semana.

Dá así 72 horas de prazo a alcaldesa, coa que falaremos este mediodía nunha longa entrevista, á empresa Prezero e ao Sindicato de Traballadores da Limpeza, para limpar a cidade.

En caso contrario, dixo, o luns 22 ás 08,00 horas declarará “a emerxencia sanitaria para proceder á contratación urxente dunha empresa – cuxo custo pagará Prezero — que se faga cargo da recollida de forma excepcional en toda a cidade e nos puntos concretos que incumpren estándares de salubridade”. “Neste momento, danse as condicións sanitarias, ambientais e legais para poder facelo con seguridade xurídica”, recalcou.

REIVINDICACIÓNS

Esta situación débese a unha folga que a alcaldesa tachou de “chantaxe á cidade”. A mesma foi iniciada o pasado 24 de xuño, promovida pola organización sindical maioritaria no comité, o Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL), con motivo de “despedimentos inxustificados”, “externalización de servizos” e “incumprimentos” do convenio.

“Aínda non sabemos cales son as reivindicacións exactas do comité de empresa, van mutando de semana a semana, creando inseguridades para a propia concesionaria e para o Concello e incertezas para a cidadanía”, criticou respecto duns paros que anunciaron que serán indefinidos a partir de agosto.

“O meu traballo non é reaccionar fronte a peticións inmediatas senón facelo con todo rigor e non ceder ante estes conflitos senón resolvelos para acabar cunha situación inxusta”, recalcou para engadir que “terminou o tempo das cesións e comeza o das solucións”.

CONCENTRACIÓN DA VECIÑANZA

A rexedora mantivo ademais unha reunión coa Federación de Asociaciones de Vecinos de A Coruña, mentres, a veciñanza de forma anómima ten convocada unha concentración para esta tarde ás 20:00h en María Pita.

Opinión do BNG

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, manifestou o apoio do BNG ás medidas extraordinarias anunciadas este venres por Inés Rey en relación á folga no servizo de recollida do lixo. O anuncio feito pola alcaldesa dá cumprimento ao aprobado no Pleno do pasado 4 de xullo precisamente a instancias da formación nacionalista.

O BNG explica a súa postura. “O BNG naturalmente defende o dereito das e dos traballadores á folga, mais o que está a acontecer na cidade non é unha folga ao uso, senón unha “chantaxe inaceptábel” por parte dun grupo -investigado por graves delitos-
que se quere arrogar as competencias sobre a contratación e a promoción interna do persoal nunha empresa concesionaria dun servizo de titularidade municipal”.

OPINIÓN DO PP

Pola sua parte, Miguel Lorenzo tamén asegura que “apoiamos a decisión do Alcalde, pero vai tarde por A Coruña leva moito tempo vivindo unha situación insostible”.  “Farémolo aínda que esta medida tarde porque temos solicitado hai tempo e a cidade vive dende entón unha situación insostible hai case un mes”.
“Tamén coincido coa alcaldese en que unha cidade non pode ser obxecto de chantaxe por parte dun sindicato que está sendo investigado polos xulgados desta cidade”. “Pero convén lembrarlle que un dos principais problemas respecto da recollida do lixo é que non hai contrato xa que hai case un ano porque o adxudicado polo alcalde foi declarado deserto polo TSXG. Non se prestan servizos durante a folga mínimos”.

Máis novas

Momentos de tensión con fume entrando en edificios tras unha nova queima de colectores de lixo na Coruña

Entidades veciñais convocan en María Pita por unha solución urxente ao problema do lixo pola “inacción” do goberno

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here