InicioA CORUÑAA música xa soa no Noroeste

A música xa soa no Noroeste

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Botou a andar a 37ª edición do Festival Noroeste. A pesar da ver como mingua a oferta cada ano pola falta de interese municipal, o festival segue a ser unha referencia en todo o país. E ante a falta de grandes nomes que enchan o areal de Riazor, é o formato expandido o seu gran reclamo.

Se be o luns daba o comezo a invención do programa chamada “Ciclos Escénicos”, con moi boas propostas de contacontos para toda a familia na praza de Vigo ou nos Xardíns de Méndez Núñez (continúan ata o domingo), o verdadeiro festival musical arrincou este mércores 7 de agosto á hora do vermú tanto. As crúas as guitarras de Hormigonera serviron para baixar o telón de 4 días de música no Campo da Leña (espazo sempre dedicado aos sons máis cañeiros), dando paso á suave voz de Travis Birds, que brilou no marabilloso espazo de Azcárraga (algo máis blues, funk, jazz).

TravisBirds en Azcarraga no Fstival Noroeste
Travis Birds no fermoso espazo de Azcárraga. Foto: @festnoroesteeg

Pola tardiña, ademais destes dous lugares (ollo á volta de Meu ao Campo da Leña, previa actuación dos eternos cercedáns Zénzar), tamén empezará a soar a música en Santa Margarita (os solidos máis folkis abren con Salif Keita como gran reclamo) e no Castelo de San Antón (adicándose máis canción de autor)..

Mañá xoves, outro día de música nos 4 lugares con escasas sesións vermu (non hai sábado e domingo, lamentablemente) para deixar paso ás dúas grandes noites do festival sobre a area de Riazor.

Programa

Programa Festival Noroeste Coruna 2024

Máis novas

O Noroeste, o festival que esmorece

ÚLTIMAS

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here