InicioBARRIOSAs Festas de Oza-Gaiteira rescatan a lenda do "Dragón da Gaiteira"

As Festas de Oza-Gaiteira rescatan a lenda do “Dragón da Gaiteira”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

As Festas do Barrio Oza-Gaiteira arrincan este venres 16 de agosto coa a popular xornada de festas ás 11:00 da mañá cunha alborada polo barrio a cargo do Grupo Donaire, da Asociación Cultural do mesmo nome creada en 2000 para recuperar, promover e difundir o folclore galego. A súa escola con gaitas, pandereitas, tamborís, bombos e pandeiros animará as rúas.

A sesión vermú, que non pode faltar, será a partir das 13.00 na rúa Gaiteira, tamén coa compaña do Grupo Donaire.

Recuperando a lenda do Dragón

Despois do xantar os festexos trasladaranse á Praza da Cubela, epicentro escollido para as actividades en memoria do Dragón da Gaiteira, unha lenda que quere ser recuperada: a do pescador Joseph Ibn Hayyim quen, en 1471, acudía ao río Monelos para revisar as nasas e buscar se había anguías… ata que atopou un dragón. O dragón de Monelos. Ninguén máis o viu nin o creu pero esta fermosa historia chegou ata hoxe.

Ás 16.30 horas, na Fonte da Memoria, ábrese o Punto de Recollida da memoria do barrio, proxecto que comezou en 2017 e ao que agora quéreselle dar novo impulso para conseguir facer un mapa patrimonial coas achegas das fotos de veciñas e veciños. Ao tempo, e de 16.30 a 19.30, haberá xogos populares, un pasarúas do Dragón da Gaiteira ás 17.00 para pechar ás 20.00 co espectáculo de circo familiar de Patty Diphusa, clown con risas garantidas.

Á noite, tras do pregón que farán ás 21.30 Pablo Díaz e Olga Kirk, comezará o concerto de Catuxa Salom unha creadora que, como ela mesma explica, fai “unha potaxe musical coas miñas raíces arxentino-galegas”. Esta artista forma parte dunha xeración cansa do ritmo da cidade que decidiu vivir nunha aldea de Lugo onde nace a súa música, un canto ás raíces onde o folklore galego fusiónase con ritmos tribais latinoamericanos cun envoltorio electrónico.

E o peche final porano Loita Amada ás 23.00. O novo proxecto de músicos que chegan co oficio de bandas como Xenreira, A Matraka Perversa ou NAVE e que, liderados por Jasper, volven á carga con canción protesta galega.

CARTAZ FESTAS Oza Gaiteira

Máis novas

A Romaría dos Castros recupera a memoria do barrio

Olladas doutro tempo: O Corralón da Gaiteira

ÚLTIMAS

As familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino público de calidade

"Hoxe vestimos de negro simbolizando a dor e o desamparo que sufrimos, pero seguiremos...

Grandes retencións na AP-9 a saída da Coruña tras tres accidentes con 13 vehículos implicados

Un total de 13 vehículos se viron afectados en tres sinistros de tráfico que tiveron lugar...

Arrincaron as obras de levantamento da duna de Riazor

Hoxe, luns 27 de outubro, comezazron os traballos para levantar na praia de Riazor...

Completada a demolición do Hotel de Pacientes do CHUAC

Tres semanas despois do acceso da maquinaria pesada, a Xunta finalizou a derriba do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here